Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PlayStation Plus amplía o seu catálogo de setembro con WWE 2K25, Persona 5 Tactica e outros títulos destacados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

PlayStation Plus amplía o seu catálogo de setembro con WWE 2K25, Persona 5 Tactica e outros títulos destacados

Redacción
Publicado: 10/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

070475d34583fa9d87474e897d203bd2_detalle.jpgSony anunciou a incorporación de novos xogos ao catálogo de PlayStation Plus Extra e Premium a partir do 16 de setembro. Entre os títulos máis destacados figura WWE 2K25, que chega con The Bloodline’s Dynasty, un novo 2K Showcase centrado nunha das sagas familiares máis lendarias da WWE. O xogo introduce novidades como a loita entre xéneros, o regreso da loita encadeada ou os combates con regras Underground e Bloodline, ademais dunha historia MyRISE mixta que leva ás superestrelas a infiltrarse en NXT.
Outro dos grandes lanzamentos é Persona 5 Tactica, unha aventura de estratexia por turnos na que os Phantom Thieves se enfrontan a un réxime tiránico nun mundo descoñecido. Alí atoparán a Erina, unha revolucionaria que lles propón un acordo cuxas verdadeiras intencións permanecen envoltas en misterio.
persona_5_tactica_3980.jpgTamén se incorpora Green Hell, un simulador de supervivencia en mundo aberto ambientado na selva amazónica, onde os xogadores deberán aplicar técnicas reais para resistir en condicións extremas, tanto en solitario como en cooperativo online. A proposta complétase con Fate/Samurai Remnant, ambientado no Xapón do período Edo e centrado nunha guerra santa entre mestres e serventes, e con outros títulos como Crow Country, un survival horror de estética retro ambientado nun parque de atraccións abandonado; The Invincible, unha aventura filosófica de ciencia ficción que sitúa a xogadores no planeta descoñecido Regis III; e Conscript, un xogo de terror con estética pixel-art ambientado na Primeira Guerra Mundial.
legacy_kain_ss_5b74f430c7e4bcce1fe5a2be8b8653cfd22fab05.jpgA maiores, os subscritores de PlayStation Plus Premium recibirán un título clásico: Legacy of Kain: Defiance. Este xogo de acción e aventura, orixinalmente lanzado en PS2, chega por primeira vez a PS4 e PS5 a través da emulación, permitindo revivir o enfrontamento entre Kain e Raziel, dous vampiros destinados a loitar nun mundo marcado polo conflito e a intriga.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?