Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo programa de capacitación en ciberseguridade para pemes galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo programa de capacitación en ciberseguridade para pemes galegas

Redacción
Publicado: 12/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

programa_actividad_catedra_usc_v5-1.jpgA Cátedra de Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE, en colaboración con AMTEGA e dentro da iniciativa GaiásTech, pon en marcha en outubro un programa de capacitación gratuíto dirixido ás pequenas e medianas empresas galegas titulado Conéctate de xeito seguro: ciberseguridade para pemes galegas. Desenvolverase en liña os días 1, 8, 15, 22 e 29 de outubro de 2025, en sesións de dúas horas cada unha, ata completar un total de 10 horas de formación.
A actividade conta con prazas limitadas a 15 participantes e pretende mellorar a concienciación e as boas prácticas en materia de seguridade dixital. Estará impartida pola empresa galega dooingIT, especializada en servizos e produtos de ciberseguridade, e incluirá casos prácticos, demostracións e acceso temporal a ferramentas profesionais como LeakGuard ou AKIRA. Ao rematar, celebrarase unha sesión de titoría presencial destinada tamén a fomentar o networking entre os asistentes.
O programa estrutúrase en cinco bloques temáticos. A primeira sesión introducirá o concepto de ciberrisco, explicando que buscan os ciberdelincuentes e como se organizan a través da supply chain do cibercrime. A segunda sesión afondará nos ataques de enxeñaría social, como o phishing, vishing ou smishing, analizando exemplos reais e ofrecendo pautas para recoñecer sinais de fraude.
Na terceira sesión tratarase o malware, explicando os seus diferentes tipos, os métodos máis habituais de infección e as boas prácticas de prevención máis aló do uso dun antivirus. A cuarta centrarase especificamente nas necesidades das pemes, con ferramentas accesibles e de baixo custo como firewalls, copias de seguridade, detección de intrusos ou autenticación multifactor, ademais dun caso práctico co software AKIRA. Finalmente, a quinta sesión revisará os erros de configuración máis habituais e os comportamentos inseguros, desde privilexios excesivos ata a reutilización de contrasinais, poñendo o foco na importancia das revisións periódicas e da formación do persoal.
O programa está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e emitirá certificado de participación ás persoas que completen cando menos o 80 % das sesións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?