Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian que Meta pirateou pornografía para adestrar as súas IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian que Meta pirateou pornografía para adestrar as súas IA

Redacción
Publicado: 19/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vixen.jpgMeta enfróntase a unha nova demanda por suposta pirataría masiva de contidos audiovisuais para adestrar os seus modelos de intelixencia artificial. A compañía Strike 3 Holdings e a súa filial Counterlife Media presentaron o pasado 23 de xullo, nun xulgado federal de San Francisco, unha querela na que aseguran que a tecnolóxica utilizou a rede BitTorrent para descargar e distribuír sen licenza polo menos 2.396 películas das súas marcas desde o ano 2018.
Segundo a denuncia, Meta non só obtivo copias ilegais das producións, senón que tamén as compartiu durante días e semanas empregando o mecanismo tit-for-tat de BitTorrent, co obxectivo de acelerar a descarga doutros arquivos necesarios para nutrir os seus sistemas de IA. Os demandantes sosteñen que este proceder deu lugar a máis de 100.000 transaccións non autorizadas, documentadas con ferramentas forenses propias.
A querela engade que parte desta actividade se ocultou mediante seis nubes privadas virtuais xestionadas en centros de datos externos, e mesmo vincula un enderezo IP residencial dun empregado de Meta con descargas de material protexido. O uso destas películas pornográficas (rodadas en 4K, con longas secuencias sen cortes e interaccións humanas pouco habituais noutros vídeos) tería ofrecido, segundo Strike 3, un valor engadido para os algoritmos de recoñecemento e xeración audiovisual da compañía, incluídos LLaMA e Movie Gen.
Os demandantes aseguran que Meta provocou un prexuízo económico e reputacional, ao facilitar tamén que menores accedesen ao contido sen pasar polas medidas de verificación obrigatorias nas súas webs. Por iso, reclaman unha orde xudicial que obrigue á empresa a eliminar todas as copias dos filmes dos seus servidores, centros de datos e modelos de IA, ademais de indemnizacións millonarias e o pago de custas xudiciais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?