Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A IA, peza clave dos proxectos que van á aceleración e á consolidación da VII BFFood
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A IA, peza clave dos proxectos que van á aceleración e á consolidación da VII BFFood

S. P.
Publicado: 23/09/2025
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

bffood.jpgA iniciativa Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e Xesgalicia, e coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), seleccionou os proxectos que participarán nas fases de aceleración e consolidación da súa VII edición: 16 proxectos innovadores para revolucionar, dende a nosa terra, o sector da alimentación.
Tras a celebración do Pitch Day o pasado 19 de setembro no auditorio da FEUGA, o comité de avaliación escolleu un total de 16 proxectos emprendedores: dez deles incorporaranse á fase de aceleración e seis á de consolidación. Ambas etapas terán unha duración de nove meses.
Mentoring, formación e financiamento para startups do sector
As novas firmas innovadoras seleccionadas para a fase de aceleración recibirán un apoio integral e especializado para que consigan validar o seu produto ou servizo mínimo viable e definir o seu modelo de negocio. Para iso, contarán con acceso a mentoring de destacadas empresas tractoras do sector alimentario galego, tales como CLUN, CONGALSA, Nueva Pescanova, Vegalsa-Eroski ou Viña Costeira, entre outras.
Ademais, recibirán formacións específicas, asesoramento estratéxico e acceso preferente a servizos, infraestruturas e medios técnicos, ferramentas que lles permitirán impulsar as súas propostas innovadoras e dar resposta aos principais retos estratéxicos do sector: dixitalización e automatización, rastrexabilidade, loxística, sustentabilidade, desenvolvemento de novos produtos e innovación de procesos.
Pola súa banda, os seis proxectos seleccionados para a fase de consolidación recibirán un amplo programa personalizado de formación e adestramento e centrado en avanzar cara unha maior comercialización e exportación. Tamén contarán co apoio e orientación de empresas tractoras ao longo do seu itinerario na BFFood.
En canto ao financiamento, os proxectos da fase de aceleración recibirán unha axuda de 25.000€ a fondo perdido a través do IGAPE, así como a un préstamo participativo de XesGalicia, con opción de capitalización de ata 50.000€. De xeito similar, os proxectos na fase de consolidación tamén poderán acceder a un préstamo participativo de XesGalicia, que pode incluír unha opción de capitalización de ata 250.000€.
Proxectos seleccionados para a fase de aceleración
-Agro4Data. Unha plataforma tecnolóxica que proporciona predicións agrícolas personalizadas a través da Intelixencia Artificial. Sen necesidade de hardware propietario, permite anticipar riscos como xeadas, pragas ou desequilibrios hídricos, axudando a optimizar cultivos e decisións agronómicas.
-Fishnet Expo. primeira canle en liña para comercializar produtos pesqueiros conxelados, que transforma excedentes en oportunidades de negocio para un club exclusivo de comercializadores especializados. A través de ferramentas dixitais, conecta empresas do sector con transparencia, información fiable e respecto polos tempos de negociación.
-InnoCosta. Aposta pola posta en valor do peixe costeiro de Galicia mediante a liofilización. Esta técnica conserva as súas propiedades sen aditivos nin necesidade de refrixeración, facilitando a súa venda en mercados gourmet e saudables, mesmo en destinos con barreiras loxísticas.
-Lévedo: Proxecto para a produción de masa nai líquida e deshidratada elaborada con ingredientes galegos como castañas e uvas. Combina a panadería tradicional coa innovación tecnolóxica mediante un proceso de secado ao baleiro que conserva a súa actividade fermentativa.
-NPK&GAL (FLOC Ammonia Solutions). Tecnoloxía para recuperar nutrientes (nitróxeno, fósforo e potasio) de augas residuais gandeiras e transformalos en fertilizantes recuperables. Axuda a reducir a contaminación por nitratos e xerar ingresos adicionais para as explotacións agrícolas e gandeiras.
-Optimuu Nutrición: Plataforma baseada en IA para a optimización preditiva da alimentación en granxas leiteiras. Recolle e interpreta datos de campo para mellorar a eficiencia alimentaria, reducir os residuos e promover o benestar animal.
-Rumbo Norte. Unha marca de conservas galega que incorpora a tecnoloxía QR para conectar cada produto coa súa orixe, receitas, contido audiovisual e experiencias turísticas. A súa oferta combina tradición, dixitalización e promoción rexional nun único modelo de negocio.
-Tola. Unha nova bebida enerxética galega que combina funcionalidade e sustentabilidade. Emprega ingredientes naturais como auga de manancial, extractos de froitas e soro de leite de Galicia para crear unha alternativa saudable sen azucres engadidos nin aditivos, pensada para un público novo e consumidor.
-Troo4Food (Binarial Automatización). Desenvolvemento dun robot móbil accesible e adaptado á contorna dunha fábrica de alimentos. Estará deseñado para operar en espazos estreitos e húmidos, empregando materiais duradeiros e rodas especiais, mellorando así a loxística interna e reducindo os riscos operativos.
-Untables Vanetta. Unha liña de cremas para untar 100 % vexetais cun alto contido en proteínas e unha longa vida útil sen refrixeración. Reinventa clásicos como a sobrasada e o pata con ingredientes naturais, texturas cremosas e sabores intensos, deseñadas para un consumo flexible e saudable.
Proxectos seleccionados para a fase de consolidación
–Ainwater. Desenvolvemento dun software SaaS baseado en IA que optimiza e monitoriza en tempo real as plantas de tratamento e produción de auga. A solución integra datos históricos e en liña mediante modelos híbridos que combinan IA, enxeñaría de procesos e ciencia de datos, sen necesidade de retrofit.
-Agrikola. Alternativa innovadora aos funxicidas químicos mediante robots autónomos equipados con proxectores UVC patentados, capaces de eliminar fungos sen xerar residuos. O sistema xestiónase a través da nube, permitindo programar ou executar en remoto os tratamentos, que requiren precisión en doses, frecuencia e aplicación nocturna.
-BrainR. Primeiro software MES nativo na nube deseñado especificamente para a industria alimentaria. Dixitaliza e conecta en tempo real todos os procesos de planta —desde a entrada de materias primas ata a expedición do produto final— integrando máquinas, persoas, sensores IoT e ERPs. Garante rastrexabilidade absoluta, cumprimento normativo e redución de erros, desperdicios e uso de papel.
-FreeShakes. Bebidas vexetais fermentadas cun 93% menos de frutosa e un 70% menos de azucres totais respecto a zumes tradicionais, mantendo sabor, textura e valor nutricional. Grazas a unha tecnoloxía propia de fermentación e reaccións encimáticas, ofrece produtos naturais, sen edulcorantes artificiais e con beneficios probióticos.
-Masel. Plataforma de xestión para hostalería que transforma datos en accións rendibles e
sostibles. Reduce minguas mediante a rastrexabilidade e carta dinámica, xestiona reservas fantasma cobrando automaticamente a clientes e optimiza a planificación do persoal calculando o punto morto por hora.
-Postres. Mareterra propón unha liña innovadora de sobremesas en conserva sen glute, sen aditivos nin conservantes, elaboradas con materias primas de calidade. A diferenza das sobremesas tradicionais refrixeradas ou conxeladas, estes produtos teñen unha vida útil de ata 4 anos en tarro de cristal, reducindo custes de transporte, almacenamento e distribución.
Coa selección destas 16 startups, BFFood consolídase como unha plataforma clave para a transformación do sector alimentario galego, apostando por proxectos que melloren a innovación, a competitividade, a sustentabilidade e a internacionalización do sector alimentario galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?