Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Modo IA de Google comeza a funcionar oficialmente en español
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Modo IA de Google comeza a funcionar oficialmente en español

Redacción
Publicado: 23/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

google_modo_ia_espanhol.jpgGoogle anunciou a ampliación do Modo IA do seu buscador a falantes de español de todo o mundo (aínda que polo momento parece limitarse a América Latina, xa que España non figura entre os países onde o Modo IA está dispoñible). Enténdese que hoxe comeza a aparecer como unha nova pestana tanto na versión web do buscador como nas aplicacións para Android e iOS, facilitando o acceso ao novo Modo IA, a experiencia de busca con intelixencia artificial máis avanzada da compañía, baseada nunha versión personalizada do modelo Gemini 2.5, que combina capacidade de razoamento mellorada, multimodalidade e ferramentas para explorar información a través de preguntas complementarias e ligazóns a contidos da web.
O Modo IA está pensado para consultas máis complexas ou exploratorias, como organizar unha viaxe, atopar recomendacións locais ou comprender instrucións técnicas. O sistema, grazas á técnica chamada query fan-out, descompón cada consulta en subtemas e lanza múltiples procuras simultaneamente, co obxectivo de ofrecer respostas máis completas e relevantes.
Outra das novidades é a integración multimodal: os usuarios poden facer consultas non só mediante texto, senón tamén coa voz ou empregando a cámara para subir unha foto ou imaxe. A idea é que se poida preguntar de maneira máis natural e obter resultados adaptados, sempre acompañados de ligazóns destacadas que conducen a contidos web.
google_modo_ia_espanol.jpg Este modo amplía as posibilidades de descubrimento de información e que, segundo os datos recollidos, os clics realizados dende os resultados enriquecidos coa «visión xeral creada por IA» adoitan ser de maior calidade, xa que os usuarios permanecen máis tempo nas páxinas visitadas.
A compañía subliña que o Modo IA está sustentado nos sistemas centrais de calidade e ranking de Google e que inclúe mecanismos para mellorar a veracidade das respostas. Aínda así, recoñece que non sempre se ofrecerá unha resposta xerada por IA cando non haxa suficiente nivel de confianza, caso no que se amosará un conxunto de resultados web convencionais. Google admite que a tecnoloxía está nunha fase inicial e non será perfecta, pero comprométese a mellorar a experiencia de maneira continua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?