Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gómez Caamaño participou na primeira xornada de lecer dixital en familia que organiza a Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Gómez Caamaño participou na primeira xornada de lecer dixital en familia que organiza a Xunta

Redacción
Publicado: 29/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20250927_conselleiro_de_sanidade_benestar_dixital_familiar2.jpgO conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, achegouse o pasado sábado ao Multiusos Fontes de Sar de Santiago de Compostela con motivo da celebración da primeira edición da Xornada de benestar dixital familiar. A iniciativa, posta en marcha pola Xunta, buscou promover a convivencia saudable coas pantallas e cos dispositivos electrónicos no fogar, ao tempo que se impulsaron hábitos axeitados no eido dixital.
A cita, impulsada pola Consellería de Sanidade a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, puxo o acento na necesidade de atopar un equilibrio entre a vida dixital e o tempo en familia; promover a procura de contidos educativos e de entretemento con valor engadido; e establecer pautas de conduta dixital nas que os adultos se convertan en referentes para os máis pequenos.
O evento prolongouse ata as oito da tarde e estivo aberto a todas as familias, que puideron participar de balde e sen inscrición previa.
Entre as propostas desenvolveuse un torneo de Mario Kart no que pais e fillos competiron nun pequeno campionato interxeracional; un obradoiro sobre os contidos máis axeitados en función da idade; sesións que mesturaban xogos tradicionais con lecer dixital; e un espazo para coñecer tendencias e retos como a realidade virtual ou a intelixencia artificial. Tamén se habilitaron zonas de lecer e experiencias formativas que contribuíron a crear un ambiente distendido e participativo.
As familias cubriron un cuestionario, dispoñible tanto en formato físico como por correo electrónico, para recoller datos sobre os seus hábitos dixitais. A información permitirá realizar un seguimento ás catro semanas e avaliar o impacto da iniciativa no día a día dos fogares.
A Consellería de Sanidade adiantou que a intención é estender esta experiencia a outras localidades galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?