Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple distánciase das Vision Pro para apostar por lentes que compitan coas Ray-Ban de Meta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple distánciase das Vision Pro para apostar por lentes que compitan coas Ray-Ban de Meta

Redacción
Publicado: 02/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

productivity_a_startframe__b78h8.jpgDende as páxinas de Bloomberg aseguran que a estratexia de realidade aumentada de Apple vén de dar un xiro inesperado ao decidir a compañía reducir os seus esforzos no redeseño do seu casco Vision Pro para concentrarse no desenvolvemento de lentes con capacidades de intelixencia artificial, para competir directamente coas Ray-Ban Meta. A decisión, comunicada internamente a finais de setembro, marcaría un cambio de prioridades que podería redefinir o futuro da computación móbil.
meta_raybay_display_01.jpgSegundo fontes próximas ao proxecto, Apple está a traballar en dúas variantes de lentes: unha máis básica, sen pantalla propia e pensada para emparellarse co iPhone, e outra con pantalla integrada, destinada a rivalizar coas gafas coas Meta Ray-Ban Display. A primeira podería presentarse xa en 2026, mentres que a segunda, inicialmente prevista para 2028, está a ser acelerada para chegar antes ao mercado.
vision_pro_accessories__et6yc9y3xvu6-2.jpg Este cambio responde a unha realidade incómoda para a compañía de Cupertino: Apple Vision Pro, lanzado en 2024 cun prezo que parte de 3.499 dólares nos EE.UU. (3.999 euros en Europa), non conseguiu captar o interese do público xeral. A súa complexidade técnica, peso excesivo e escaseza de contido adaptado provocaron unha acollida morna, mesmo entre os seguidores máis fieis da marca. A empresa recoñece en privado que o dispositivo foi sometido a uns procesos de enxeñaría excesivos e que a súa proposta non encaixa coas expectativas sociais actuais.
As novas lentes incluirían altofalantes, cámaras e control por voz, e poderían incorporar funcións de seguimento da saúde. Estarán impulsadas por un chip de nova xeración e integraríanse co ecosistema de Apple, incluíndo unha versión renovada de Siri prevista para marzo. A compañía confía en que esta nova interface de usuario, máis natural e conversacional, sexa clave para o éxito dos seus dispositivos de vindeira xeración.
meta_raybay_display_02.jpg Mentres tanto, Meta continúa consolidando a súa posición neste segmento. Tras o éxito inesperado das Ray-Ban Meta en 2023, a empresa lanzou recentemente unha versión mellorada sen pantalla, orientada a deportistas, e xa traballa nun modelo con dobre pantalla para 2027. A competencia entre Apple e Meta, que tamén exploran as posibilidades das lentes de realidade aumentada pura, promete intensificarse nos vindeiros anos.
A retirada parcial do Vision Pro non implica a súa desaparición definitiva. Apple aínda ten prevista unha actualización menor do modelo actual, con melloras no chip, que podería chegar antes de rematar o ano. Pero o foco está claro: o futuro pasa por dispositivos máis integrados na vida cotiá, menos invasivos e máis intelixentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?