Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desvelan os xogos que chegarán a PS Plus este mes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Desvelan os xogos que chegarán a PS Plus este mes

Redacción
Publicado: 02/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

b40646ac7f461e7bb1184f4af565af7a_detalle.jpgA partir do 7 de outubro, os subscritores de PlayStation Plus poderán gozar de tres títulos moi distintos entre si: Alan Wake 2, Goat Simulator 3 e Cocoon. Estarán dispoñibles ata o 3 de novembro. Ademais, tamén desde o día 7, os membros de PlayStation Plus Premium terán acceso a unha proba de xogo Midnight Murder Club. Durante unha hora poderán experimentar esta aventura e, no caso de adquirir o título completo, conservarán tanto o progreso como os trofeos.
Alan Wake 2 (PS5) mergulla os xogadores nun relato de terror psicolóxico e supervivencia. O que comeza cunha investigación policial nunha pequena vila convértese axiña nun pesadelo que se desenvolve en dous mundos e con dúas perspectivas: a do propio Alan Wake, atrapado no Lugar escuro, e a da nova heroína, Saga Anderson, que tenta resolver o misterio dende o noroeste do Pacífico. A luz convértese na mellor arma contra os inimigos sobrenaturais, nunha loita onde a xestión dos recursos será clave.
En Goat Simulator 3 (PS4, PS5), Pilgor regresa nunha experiencia sandbox chea de caos e humor absurdo. Poderedes xogar en solitario ou convidar ata tres amigos, tanto en liña coma en modo local, para crear destrución conxunta ou enfrontarvos en minixogos. O mundo aberto ofrece novas oportunidades para explorar, golpear, lamber e facer todo tipo de tolemias.
Por último, Cocoon (PS4, PS5), creación de Jeppe Carlsen (deseñador principal de Limbo e Inside), propón unha aventura de enigmas onde cada mundo está contido nunha esfera que se pode transportar, combinar e reorganizar. As súas mecánicas permiten alternar entre biomas alieníxenas e dispositivos biomecánicos, empregando as habilidades únicas de cada orbe para resolver complexos quebracabezas e abrir camiños ocultos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?