Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O navegador web de Perplexity ábrese a todos os usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

O navegador web de Perplexity ábrese a todos os usuarios

Redacción
Publicado: 03/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

comet.jpgPerplexity anunciou o lanzamento global e de balde de Comet, o seu innovador navegador web impulsado por intelixencia artificial. Agora, calquera persoa pode descargar a ferramenta para ordenadores que funcionen con Windows ou macOS, un movemento estratéxico que busca competir con ferramentas semellante como Google Chrome e Microsoft Edge, que integrando a IA tamén buscan redefinir a interacción dos usuarios coa Internet.
Ata agora, Comet era un produto exclusivo, accesible só para subscritores de plans premium, cun custo que podía chegar aos 200 dólares mensuais, ou para aqueles que superaran unha longa lista de espera. Co lema “Internet é agora mellor en Comet”, a empresa abre a porta a unha experiencia de navegación que fusiona o buscador tradicional cun asistente intelixente que acompaña ao usuario en tempo real.
A principal diferenza de Comet reside na súa profunda integración da IA. O navegador non se limita a incorporar un chatbot, senón que actúa como un axente proactivo capaz de realizar tarefas complexas. Pode resumir artigos extensos, extraer datos clave, comparar produtos para realizar compras ou mesmo axudar a planificar viaxes, todo a través de instrucións en linguaxe natural.
Con esta aposta, Perplexity non só compite no mercado dos navegadores, senón que propón un cambio de paradigma na forma en que se busca e procesa a información en liña. O asistente integrado viaxa co usuario de páxina en páxina, ofrecendo contexto e automatizando accións que en navegadores convencionais requirirían múltiples pestanas e buscas manuais.
Aínda que non teñen unha data de lanzamento fixada, as versións para dispositivos móbiles iOS e Android están en desenvolvemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?