Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo, á fronte dun proxecto europeo para transformar edificios empregando robótica avanzada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo, á fronte dun proxecto europeo para transformar edificios empregando robótica avanzada

S. P.
Publicado: 09/10/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

radiance1.jpg Transformar a construción e a rehabilitación de edificios mediante robótica avanzada, automatización e dixitalización é o obxectivo da nova iniciativa que teñen entre mans o equipo da Universidade de Vigo Aerolab, que lidera un novo proxecto europeo durante os vindeiros catro anos, no que traballará para transformar a construción e a rehabilitación de edificios mediante robótica avanzada, automatización e dixitalización.
Trátase de Robotic, automated and digital solutions for improving building renovation and new construction efficiency (Radiance), o proxecto ten unha duración de catro anos, arrancando o pasado mes de setembro e prolongándose ata finais de agosto de 2029. Está financiado ao 100%, con 3.999.189,25 euros, polo programa Horizonte Europa, da UE, correspondendo 550.000 euros á UVigo e conta coa participación de 14 entidades públicas e privadas de oito países. Está coordinado polo grupo Aerospace and Transportation Systems Laboratory (Aerolab) da Universidade de Vigo, pertencente ao Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais e con sede na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. O coordinador de Radiance, o profesor da UVigo Higinio González, subliña que “este proxecto supón un fito para Aerolab, para o Ifcae e para o campus de Ourense porque é a primeira vez ha historia do noso campus no que se lidera un proxecto europeo no ámbito da robótica”, indica.
O consorcio de Radiance está formado por 14 entidades de Alemaña, España, Finlandia, Francia, Noruega, Polonia, Portugal e Suíza. Participan as universidades de: Vigo, Minho, Gustave Eiffel e ETH Zürich; os centros de investigación e tecnoloxía Tecnalia, VTT, Sintef, Łukasiewicz-PIT e Fraunhofer); as grandes empresas do sector da construción Misturas e Skanska e as pemes Contactica, Probot e IMC.
O equipo da UVigo fai fincapé na importancia deste proxecto pois explica que segundo a Axencia Europea de Medio Ambiente, os edificios da UE son responsables do 42% do consumo enerxético e do 35% das emisións de gases de efecto invernadoiro, principalmente derivadas da construción, uso, renovación e demolición. Se non se aplican medidas de mitigación, sinalan, “esta porcentaxe podería duplicarse nos vindeiros 20 anos, por mor das ineficiencias dos métodos construtivos actuais e do crecemento urbano”.
O equipo de Aerolab explica que a industria global da construción está a cambiar cara a prácticas máis sostibles en resposta a crecentes preocupacións ambientais e a regulacións máis estritas. Neste contexto, desde Radiance sinalan que a robótica e as solucións automatizadas desempeñan un papel fundamental para cubrir estas necesidades, amais de resolver ineficiencias e baixa produtividade.
Con este proxecto búscase “transformar a construción e a rehabilitación mediante a integración de robótica avanzada, automatización e dixitalización, establecendo un novo estándar de fluxos de traballo que melloren a seguridade, eficiencia e sostibilidade, á vez que reduzan custos, erros, tempos e impactos ambientais en toda Europa”.
radiance2.jpg Radiance proponse varias metas: achegar novas solucións robóticas para a renovación de fachadas (automatización do fluxo de inspección e diagnóstico, incluíndo a avaliación enerxética); o desenvolvemento dunha plataforma de dron sobreactuado para inspección, diagnóstico e reparación, unha sonda NDE multipropósito para a avaliación de estruturas de formigón; un robot cableado para reparar fendas e ancorar paneis illantes en fachadas e un dron para limpeza, aplicación de capa base (morteiro) e de capa de acabado (pintura), entre outras achegas.
As solucións propostas serán validadas en tres escenarios do proxecto, como son a renovación de edificios; a interacción humano-robot e seguridade e a optimización da construción. Os resultado probaranse en catro contornas reais situadas en Noruega, Polonia e España que abranguen diferentes tipoloxías de edificios europeos en canto a materiais (formigón, cachotería, madeira e xeso) e usos (residencial e centros de investigación).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?