Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O potencial tecnolóxico galego debuta con forza en GITEX Global 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O potencial tecnolóxico galego debuta con forza en GITEX Global 2025

Redacción
Publicado: 13/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

render-stand-clustertic-gitex-dubai_detalle.jpgO Clúster TIC Galicia participa por primeira vez con expositor propio na feira internacional GITEX Global, que se celebra en Dubái do 13 ao 17 de outubro, acompañado por seis empresas galegas: Quobis, Inverbis Analytics, Situm, Tarlogic, CTL e 2bedigital. Xuntas representan a metade das compañías españolas presentes neste evento considerado un dos máis relevantes do mundo en tecnoloxía, innovación, emprendemento e transformación dixital.
O obxectivo da delegación é abrir novos mercados no Golfo Pérsico e explorar oportunidades de negocio en Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudí e Qatar. «Sabemos que hai unha predisposición destas economías a colaborar con empresas como as nosas, o que supón unha excelente oportunidade para dar a coñecer o potencial tecnolóxico galego», sinala Iago Soto, responsable do Grupo de Traballo de Internacionalización do Clúster TIC Galicia e CEO de Quobis.
GITEX Global, que chega este ano á súa 45 edición, reuniu en 2024 máis de 6.500 expositores, 1.800 startups, 1.200 investidores e representantes de gobernos de máis de 180 países, con 200.000 visitantes. Segundo Soto, un dos seus atractivos é que «acolle a responsables de tecnoloxía de toda a rexión, con menor prevalencia de compañías americanas e maior presenza de firmas asiáticas».
As empresas galegas participantes presentan proxectos innovadores en ciberseguridade, análise de datos, xeoposicionamento e márketing dixital. Quobis amosa solucións de interconexión e seguridade en redes de voz; Tarlogic ofrece o seu modelo MxDR de detección e resposta ante ameazas; Situm presenta avances en GAIA, a súa tecnoloxía de xestión xeoespacial; Inverbis Analytics exhibe o proxecto SALUSBENCH, orientado á eficiencia hospitalaria; 2bedigital propón experiencias inmersivas en 3D e automatización con IA para marcas de moda; e CTL amosa a súa gama de dispositivos Chrome OS e solucións de videoconferencia.
Ademais de promover o talento empresarial, o Clúster exporta a imaxe de Galicia baixo o lema Technology from The World Ends, evocando o Finis Terrae de Fisterra. «No stand vai figurar o logo de Turismo de Galicia e un mapa cos 6.400 quilómetros que separan Compostela de Dubái, como fito quilométrico do Camiño de Santiago, así como unha imaxe icónica da praia das Catedrais», adianta Soto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?