Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A XGN Intermax AI Edition pecha con éxito e pon a semente dunha futura feira de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A XGN Intermax AI Edition pecha con éxito e pon a semente dunha futura feira de IA

Redacción
Publicado: 13/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

participantes_xgn-intermax-ai-edition.jpgA maior LAN party galega, a XGN Intermax, clausurou onte no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca a súa edición especial dedicada á intelixencia artificial, consolidándose como un espazo de referencia para o intercambio de coñecementos e a formación en tecnoloxías dixitais.
O evento reuniu 867 participantes, un 8,3 % máis que o ano pasado, nos dous pavillóns principais do recinto, de 10.000 metros cadrados cada un, ofrecendo unha conexión de ata 40 Gbps e un completo programa con setenta propostas, o que supón un incremento do 40 %. Conferencias, obradoiros, competicións e actividades de lecer dixital convertérona durante tres días nun auténtico microuniverso tecnolóxico.
competicion-xgn-intermax-ai-edition.jpg Entre as competicións máis destacadas figuraron as de arte dixital, videoxogos, modding, setups, programación de robots e ciberseguridade. A xornada de peche estivo protagonizada pola entrega dos galardóns destas probas, nas que se repartiron algo máis de seis mil euros en premios.
A cita contou co apoio da Xunta de Galicia, impulsora da party a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e co patrocinio oficial de Intermax Technology, que posibilitou duplicar a velocidade de conexión dos participantes ata os 40 Gbps. Tamén se sumaron Raiola Networks como patrocinador e o Clúster TIC Galicia, que apoiou o programa de conferencias.
xgn-dsc07511.jpg A XGN Intermax AI Edition mantivo o seu carácter formativo e centrado na experiencia, combinando o lecer tecnolóxico coa aprendizaxe e o intercambio profesional. A idade media dos asistentes situouse nos 32 anos, con participantes procedentes de dez comunidades autónomas, moitos deles enxeñeiros, expertos en informática ou profesionais vinculados ao sector TIC.
Segundo a organización, o crecemento no número de inscritos e actividades, así como a calidade do programa e a excelente resposta do público, reforzan o evento como punto de encontro clave no ecosistema tecnolóxico galego.
O éxito desta edición, centrada na intelixencia artificial, abre agora as portas á creación dunha futura feira específica sobre esta tecnoloxía, que a Feira Internacional de Galicia Abanca prevé comezar a deseñar proximamente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?