Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O terror gaña peso este mes entre os subscritores de PlayStation Plus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O terror gaña peso este mes entre os subscritores de PlayStation Plus

Redacción
Publicado: 15/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

a8d7d9d44cc93b77fdf132a6cf589483_detalle.jpgO catálogo de xogos de PlayStation Plus deste mes chega cargado de emocións fortes e propostas moi diversas, ideais para a tempada de sustos co gallo do Samaín. A partir do martes 21, os subscritores das modalidades Extra e Premium poderán explorar o esperado remake de Silent Hill 2, revivir o clásico do terror interactivo Until Dawn, asumir a vida dunha criatura da noite en V Rising ou mergullarse no universo cheo de humor e drama de Yakuza: Like a Dragon. Ademais, os usuarios de PlayStation Plus Premium recibirán unha dose extra de nostalxia coa incorporación de Tekken 3, o icónico título de loita da primeira PlayStation.
En Silent Hill 2 (PS5), o xogador encarna a James Sunderland na súa angustiosa viaxe por unha cidade envolta en néboas e recordos traumáticos. Este remake recrea con gráficos e son de última xeración a atmosfera opresiva e os monstros que fixeron historia no xénero do terror psicolóxico.
Tamén para PS5 chega Until Dawn, completamente recreado desde cero para ofrecer unha experiencia máis inmersiva. O título sitúa o xogador no corazón dun slasher no que cada decisión pode marcar a diferenza entre sobrevivir ou morrer mentres un grupo de amigos se enfronta a un mal invisible nunha cabana illada.
Con V Rising (PS5), o protagonismo pasa ao mundo vampírico. Trátase dun xogo de acción, rol e supervivencia no que o xogador esperta tras séculos de sono para reconstruír o seu castelo, alimentarse de sangue humano e crear un imperio entre sombras. O título pode xogarse en solitario ou en modo cooperativo e multixogador persistente.
O catálogo amplíase ademais con Yakuza: Like a Dragon (PS4 e PS5), a epopea moderna de Ichiban Kasuga, un yakuza traizoado polo seu clan que se embarca nunha aventura chea de humor, combates por turnos e personaxes memorables nas rúas de Yokohama.
Completan as novidades Poppy Playtime: Capítulo 1, unha aventura de terror e puzles ambientada nunha fábrica de xoguetes abandonada; As Dusk Falls, un drama interactivo que narra as consecuencias dun roubo frustrado e as conexións entre dúas familias ao longo de décadas; e Wizard with a Gun, un xogo de supervivencia máxica cooperativa no que os feiticeiros poden crear, combinar e desatar poderes arcanos nun mundo cheo de perigos.
Pola súa banda, o catálogo clásico de PlayStation Plus Premium suma Tekken 3 (PS4 e PS5), unha das entregas máis queridas da saga de loita. Esta versión remasterizada ofrece melloras gráficas, opción de rebobinado, gardado rápido e filtros visuais personalizados, ademais dos modos Arcade, Versus, Team Battle e Practice.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?