Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Falece o creador da serie de xogos Dead of Alive
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Falece o creador da serie de xogos Dead of Alive

Redacción
Publicado: 16/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

562356148_4120822081515212_499928654671427145_n.jpgO mundo dos videoxogos está de loito tras confirmarse o falecemento de Tomonobu Itagaki, icónico creador das sagas Dead or Alive e Ninja Gaiden, aos 58 anos. A noticia foi divulgada hoxe, poucas horas despois de que se publicase unha mensaxe póstuma no seu perfil de Facebook, encargada a un amigo íntimo para ser difundida no momento da súa morte.
Na emotiva despedida, Itagaki reflexiona sobre a súa traxectoria: «A luz da miña vida está esmorecendo. A publicación desta mensaxe significa que chegou o momento. Xa non estou neste mundo. A miña vida foi unha serie de batallas. Fun gañando. Tamén causei moitos problemas. Estou orgulloso de ter seguido as miñas crenzas e loitado ata o final. Non teño remorsos. Porén, dóeme non ter entregado unha nova obra aos meus seguidores. Perdoade. Así é vida».
A súa carreira comezou en Tecmo en 1992, traballando inicialmente en gráficos para Tecmo Super Bowl. O seu estilo provocador e a súa estética inconfundible (sempre con lentes de sol) fixéronse patentes coa creación de Dead or Alive en 1998, unha franquía que destacou polo seu motor gráfico e pola polémica física dos personaxes femininos. En 2004, revitalizou Ninja Gaiden como exclusiva de Xbox, consolidando o seu prestixio como deseñador de acción hardcore.
Tras unha ruptura pública con Tecmo en 2008, Itagaki fundou Valhalla Game Studios e lanzou Devil’s Third. En 2021, anunciou a creación de Itagaki Games, tras catro anos dedicados á docencia en desenvolvemento de videoxogos.
A comunidade reaccionou con dor e respecto. Team Ninja, o estudio que el puxo no mapa, emitiu un comunicado: «Continuaremos coa filosofía e creatividade que Itagaki-san iniciou». Pola súa banda, James Mielke, cofundador de BitSummit, escribiu: «RIP, senpai. Sempre serás un ninja».
A súa morte chega poucos días antes do lanzamento de Ninja Gaiden 4, título co que non estivo vinculado. A súa ausencia deixa un baleiro creativo, mais o seu legado permanece intacto entre os xogadores e desenvolvedores que medraron co seu estilo inconfundible.


As entregas de Ninja Gaiden que revolucionou Itagaki están actualmente dispoñibles nunha colección coas súas versións remasterizadas

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?