Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Saen á venda as consolas portátiles ROG Xbox Ally e Ally X
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Saen á venda as consolas portátiles ROG Xbox Ally e Ally X

Redacción
Publicado: 16/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xbox-ally-one-bc0bfc8920865d7d2da7.jpgAs novas consolas portátiles ROG Xbox Ally e ROG Xbox Ally X chegan finalmente ao mercado iniciando unha nova etapa na estratexia de Xbox para expandir a experiencia de xogo alén das plataformas tradicionais. Desenvolvidas en colaboración con ASUS e AMD, estas máquinas xa están dispoñibles en 45 países e permiten aos xogadores levar consigo a súa biblioteca de títulos, progresos, amizades e logros, tanto en xogos locais como en streaming desde consola ou nube.
Ambos modelos funcionan con Windows 11 Home e integran a experiencia Xbox en pantalla completa, a Game Bar e a biblioteca agregada, permitindo acceder a xogos de múltiples escaparates dixitais. A Xbox Ally X destaca polo seu procesador AMD Ryzen AI Z2 Extreme, 24 GB de RAM LPDDR5X-8000 e 1 TB de almacenamento SSD M.2, mentres que a Xbox Ally incorpora o chip Ryzen Z2 A, 16 GB de RAM LPDDR5-6400 e 512 GB de SSD. As dúas contan cunha pantalla IPS FHD de 7 polgadas a 120 Hz con tecnoloxía FreeSync Premium e protección Gorilla Glass Victus.
A autonomía tamén marca diferenzas: a Ally X ofrece unha batería de 80 Wh fronte aos 60 Wh da versión estándar. En canto á conectividade, a versión X inclúe un porto USB4 con DisplayPort 2.1 e outro USB 3.2 Gen 2, mentres que a Ally opta por dous USB 3.2 Gen 2 con DisplayPort 1.4. Ambas dispoñen de lector de microSD UHS-II, Wi-Fi 6E, Bluetooth 5.4 e audio combinado de 3,5 mm.
Xbox ofrece tres meses de Game Pass Premium con cada compra, acceso a máis de 200 xogos e compatibilidade con Xbox Play Anywhere. A ROG Xbox Ally está dispoñible por un prezo de saída de 599 euros, mentres que a ROG Xbox Ally X parte dos 899 euros.
Este lanzamento non só representa unha nova etapa para Xbox, senón tamén unha aposta decidida polo futuro do xogo portátil sobre a base aberta e versátil de Windows, aínda que cómpre advertir que a capa de software que potencia esta revolución aínda está a medio cociñar, polo que é moi cedo para concluír se esta proposta poderá superar á de Valve coas súas consolas Steam Deck.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?