Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta promove a transformación dixital do comercio galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta promove a transformación dixital do comercio galego

Redacción
Publicado: 17/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20251017consexornadacomercio2.jpgO conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, inaugurou hoxe no GaiásTech a xornada Impulsando o comercio galego: Innovación, dixitalización e experimentación, organizada pola Xunta de Galicia no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030. Estivo acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño.
José González subliñou a relevancia deste encontro como punto de encontro para compartir coñecemento, sumar esforzos e ofrecer ferramentas que reforcen a competitividade do tecido comercial galego nun momento de profunda transformación global. Agradeceu tamén a colaboración do GaiásTech e da AMTEGA pola súa implicación no avance tecnolóxico e na modernización do comercio galego.
O conselleiro explicou que un dos tres eixos do Plan estratéxico do comercio é o impulso da competitividade, mediante a formación continua e o aproveitamento das novas ferramentas dixitais como oportunidade para mellorar a xestión, enriquecer a experiencia de compra e conectar con novos públicos. Reafirmou ademais o compromiso do Goberno galego cun sector que dá emprego a preto de 107.000 persoas e que seguirá a ser prioritario nos orzamentos do próximo ano.
Adiantou tamén que en 2026 se consolidarán as principais liñas de apoio ao sector, especialmente as dirixidas á dixitalización, modernización e sustentabilidade dos establecementos comerciais e artesanais, xunto con iniciativas xa consolidadas de dinamización, como os Bonos Activa Comercio. Lembrou que haberá unha nova edición antes de que remate o ano e outra en 2026, e destacou que esta medida, ademais de funcionar como estímulo económico, se converteu nunha relevante campaña de promoción do comercio local. A edición celebrada en xuño, dotada con dous millóns e medio de euros, esgotouse en só dous días e medio.
20251017consexornadacomercio1.jpg En relación coa remuda xeracional, José González insistiu na importancia de garantir o relevo no comercio galego como condición esencial para asegurar o futuro do sector. Neste sentido, puxo en valor a aposta da Xunta por atraer novas xeracións tanto como consumidores coma como emprendedores.
Entre as medidas previstas, mencionou as futuras bolsas para aprendices complementarias ao programa Aprender da tradición, dotadas con un millón de euros en 2026 e destinadas a fomentar o relevo xeracional na artesanía. Destacou tamén o papel da Rede de polos, que ofrece asesoramento en materia de emprendemento e dispón dunha bolsa de remuda que conecta a quen desexa traspasar o seu negocio con quen quere continuar a actividade. Ademais, lembrou a campaña Localízate, dirixida ao alumnado da ESO e de ciclos formativos básicos, orientada a fortalecer os vínculos co comercio de proximidade, da que xa está en marcha unha nova edición. Todas estas accións intégranse no Plan estratéxico do comercio de Galicia, unha folla de ruta dotada con 320 millóns de euros e composta por máis de setenta actuacións.
A xornada Impulsando o comercio galego, que se prolongará ata a tarde, combina mesas de casos de éxito de comercios de proximidade galegos con espazos de demostración tecnolóxica e talleres prácticos dedicados a ámbitos como as redes sociais, o escaparatismo, o márketing dixital ou a implantación da factura electrónica. Conta tamén con zonas de networking pensadas para favorecer o intercambio de experiencias e colaboracións entre profesionais, empresas e institucións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?