Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En decembro teremos unha entrega de Thief para realidade virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

En decembro teremos unha entrega de Thief para realidade virtual

Redacción
Publicado: 31/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

thiefvr_keyart_16x9.jpgA emblemática saga de infiltración Thief renace no mes de Nadal coa súa primeira entrega en realidade virtual. Vertigo Games, en colaboración con Maze Theory e Eidos-Montréal, confirmou o lanzamento mundial de Thief VR: Legacy of Shadow para o 4 de decembro, con reserva anticipada xa dispoñible e un desconto do 10 % en PlayStation VR2, Meta Quest e Steam VR, de xeito que o seu prezo actual queda en 26,99 euros.
A compañía acompañou o anuncio coa publicación dos primeiros vídeos de xogo capturados tanto en Meta Quest como en PS VR2, nos que se aprecia a aposta por unha inmersión total no universo escuro e steampunk da Cidade, un lugar dominado polo tirano barón Ulysses Northcrest.
thief_ss_b6903d505c22de2562ea4a676b448.jpg Nesta nova aventura, o xogador encarna a Magpie (Pega), unha ladroa moldeada polas rúas que busca sobrevivir roubando ata descubrir un artefacto lendario vinculado cun antigo legado. A proposta combina o sixilo clásico da saga con interaccións táctiles realistas: poderase espremer o corpo para agocharse nas sombras, forzar fechaduras coas mans, rebuscar en compartimentos ocultos e empregar frechas e ferramentas para distraer, desactivar ou neutralizar inimigos. Cada misión ofrece múltiples rutas e estilos de xogo, desde evitar seren vistos ata eliminar aos gardas sen facer ruído.
thief_ss_15875307083dcb9d0c54f57782082.jpg O estudio asegura que Thief VR foi «feito por fans para fans». A presenza da voz de Stephen Russell como o lendario Garrett serve de ponte entre xeracións, nun título que se inspira directamente nas mecánicas de Thief: The Dark Project (1998) e Thief II: The Metal Age (2000).
Con esta nova entrega, a saga que axudou a definir o xénero de sixilo volve nun formato máis inmersivo ca nunca, convidando aos xogadores a moverse entre sombras, sentir o perigo e crear a súa propia historia. 


Adianto en vídeo do xogo de Vertigo Games

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?