Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nintendo revisa á alza as previsións de venda da Switch 2
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Nintendo revisa á alza as previsións de venda da Switch 2

Redacción
Publicado: 04/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nintendo_switch_2_251105e_01.jpgA nova consola de Nintendo está a superar todas as expectativas, polo que a compañía nipoa revisou á alza as súas previsións de vendas da Switch 2, incrementándoas nun 25 % respecto ás estimacións iniciais. Segundo o último informe financeiro, correspondente ao período comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro, Nintendo prevé agora vender 19 millóns de unidades da Switch 2 ata marzo de 2026, fronte aos 15 millóns calculados anteriormente.
Desde o seu lanzamento en xuño, a Switch 2 xa alcanzou 10,36 millóns de consolas vendidas, das cales 4,54 millóns corresponden ao último semestre. No mesmo período comercializáronse tamén 20,62 millóns de videoxogos, e a empresa aumentou lixeiramente a previsión anual de vendas de xogos, que pasa de 45 a 48 millóns de copias.
nintendo_switch_2_251105e_02.jpg O éxito da nova consola está a impulsar de maneira extraordinaria os resultados económicos da compañía, cun incremento do 110 % nos ingresos. Entre abril e setembro, a facturación de Nintendo ascendeu a 1.099,5 mil millóns de iens (uns 7.100 millóns de dólares), fronte aos 523,2 mil millóns (3.400 millóns de dólares) do mesmo período do ano anterior. A previsión anual de ingresos tamén sobe ata os 2.250 mil millóns de iens, arredor de 14.600 millóns de dólares, e a compañía asegura ter en conta as medidas arancelarias dos Estados Unidos nas súas revisións.
A Switch 2 converteuse así na consola de venda máis rápida da historia, mentres a primeira Switch continúa incrementando discretamente o seu récord. O modelo orixinal alcanzou xa os 154,01 millóns de unidades vendidas, a un paso dos 154,02 millóns da Nintendo DS, que segue sendo a consola máis exitosa da compañía. Se supera esa marca e chega aos 160 millóns, a Switch converterase na consola máis vendida de todos os tempos, un récord que actualmente ostenta a PlayStation 2 de Sony e que moitos consideran imposible de superar tras os moitos cambios que tivo o mercado dos videoxogos.
A diferenza é abismal respecto ao Wii U, que apenas conseguiu vender 13,7 millóns de unidades en toda a súa vida comercial, unha cifra que a Switch 2 superará con moita marxe antes do seu primeiro aniversario.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?