Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolle un Seminario Igrexa-Empresarios sobre ética e intelixencia artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Santiago acolle un Seminario Igrexa-Empresarios sobre ética e intelixencia artificial

Redacción
Publicado: 06/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

p1780532.jpgMáis de douscentos empresarios, directivos e profesionais dos ámbitos educativo, sanitario e tecnolóxico participan esta semana en Santiago no seminario Ética e IA. A intelixencia artificial cambia ou transcende á persoa?, organizado polo Arcebispado de Santiago en colaboración co empresariado galego. O encontro pretende reflexionar sobre o impacto da intelixencia artificial na educación, a formación, o desempeño profesional e a vida cotiá.
A cita arrinca este xoves cunha misa do peregrino na Catedral de Santiago, presidida polo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, quen realizará a Ofrenda ao Apóstolo. Deseguido, os asistentes acudirán á igrexa de San Martiño Pinario para gozar dun concerto a cargo do Orfeón e a Orquestra Terra a Nosa, dirixidos por Luís Martínez. O programa inclúe o Magníficat en Do menor de Giovanni Battista Martini e fragmentos do Requiem KV626 de Wolfgang Amadeus Mozart na versión revisada por Spengel en 1852.
O venres 7 de novembro a actividade trasladarase á Hospedería de San Martiño Pinario, onde se desenvolverán as sesións académicas e de debate. A xornada abrirase ás 9:30 horas co acto institucional de inauguración, seguido da conferencia inaugural da filósofa Adela Cortina, titulada «Ética e ideoloxía na IA». A continuación intervirán Senén Barro, Amparo Alonso, Teresa Rodríguez de las Heras e Ulises Cortés, que analizarán cuestións como a estratexia española en materia de intelixencia artificial, os modelos de gobernanza e regulación, ou os retos educativos e de valores asociados a esta tecnoloxía.
A partir das 12:30 horas celebrarase o diálogo «A Igrexa e a IA», con participación do arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, o teólogo estadounidense Alberto Embry (de forma telemática) e o sacerdote e investigador Ricardo Mejía, moderados por José Ramón Amor Pan, director da Fundación Pablo VI. O seminario concluirá cun debate sobre «IA: persoa, responsabilidade, regulación e globalización», conducido por Eladio Dapena, da Universidade Intercontinental da Empresa, e co acto de clausura previsto para as 14:15 horas.
O encontro conta coa presenza de destacados representantes institucionais e empresariais, entre eles o propio arcebispo compostelán, membros da Igrexa galega e da CEG, así como representantes da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, de Abanca, Umas e diversas universidades e entidades académicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?