Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red Dead Redemption chegará a Netflix, móbiles e consolas de nova xeración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Red Dead Redemption chegará a Netflix, móbiles e consolas de nova xeración

Redacción
Publicado: 13/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rdr_da338e9eee9cb059ffd2c93fa950e046.jpgRockstar confirmou que Red Dead Redemption e a súa expansión Undead Nightmare estarán dispoñibles o 2 de decembro nos dispositivos móbiles máis recentes e nas consolas actuais, con actualizacións gratuítas, compatibilidade de partidas gardadas e diversas melloras técnicas.
A compañía lembra que esta entrega sitúa o xogador nos acontecementos posteriores a Red Dead Redemption 2, seguindo a viaxe de John Marston para deixar atrás o seu pasado violento. Pola súa parte, Undead Nightmare recupera o ton fantástico ao propoñer a procura dunha cura fronte á praga zombi que asola a fronteira. As novas versións inclúen a experiencia completa para un só xogador en ambos títulos, así como contidos adicionais da Game of the Year Edition.
rdr_w6xr-i98x4lz14k_v67xxhonfs5vnr8o.jpg A estrea en iOS e Android permitirá que máis público ca nunca poida acompañar a Marston alí onde vaia, con opcións de control adaptadas a dispositivos móbiles. Ademais, os subscritores de Netflix poderán descargar e xogar estas versións sen custo engadido a partir tamén do 2 de decembro.
Nos sistemas de nova xeración, PS5 e Xbox Series X|S ofrecerán unha experiencia fluída a 60 fotogramas por segundo, mellora de imaxe, compatibilidade con HDR e resolucións de ata 4K. No caso da Nintendo Switch 2, o estudio destaca o aproveitamento do novo hardware con soporte para DLSS, HDR, control con rato e tamén 60 fotogramas por segundo a alta resolución.
6af2548600fde8693c09803592dde5ace4dfe3e3.jpg As actualizacións serán de balde para quen posúa o xogo en PS4, Nintendo Switch ou a versión dixital retrocompatible en Xbox One. Os usuarios de PS5 poderán recuperar as súas partidas gardadas de PS4, mentres que na Switch 2 se poderá continuar o progreso iniciado na consola anterior.
Estas novas edicións, desenvolvidas en colaboración con Double Eleven e Cast Iron Games, incorporaranse ademais o 2 de decembro ao catálogo de xogos de GTA+ e ao catálogo de PlayStation Plus.


Tráiler das novas versións de Red Dead Redemption

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?