Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Game Pass recibe unha importante vaga de xogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O Game Pass recibe unha importante vaga de xogos

Redacción
Publicado: 18/11/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xbox_gamepass_announcement_novembro_2025_detalle.jpgXbox Game Pass pon rumbo ao peche de novembro con incorporacións ao seu catálogo como a chegada de Fortnite Crew para subscritores Ultimate e o desembarco de The Crew Motorfest, ademais doutras propostas que combinan acción, narrativa, exploración e humor. Microsoft destaca que esta remesa busca ofrecer variedade tanto para quen prefire aventuras en solitario como para quen opta por experiencias cooperativas ou acción directa.
Fortnite Crew está dispoñible desde hoxe para quen teña Xbox Game Pass Ultimate e inclúe acceso ao Pase de Batalla actual, ao OG Pass, ao LEGO Pass e ao Music Pass, así como mil paVos mensuais. A subscrición suma unha vantaxe adicional: Rocket Pass Premium en Rocket League, coa pista premium da tempada en curso e das seguintes mentres o usuario siga subscrito.
moonlighter_apps.6714.13613495733795404.f608.jpg Entre as novidades máis destacadas está a chegada, o 19 de novembro, de Moonlighter 2: The Endless Vault en versión de vista previa para PC con Game Pass Ultimate e PC Game Pass. Este RPG de acción con elementos roguelike convida a compaxinar a vida de aventureiro e comerciante, explorando dimensións cheas de botín e inimigos mentres se fai medrar a tenda e se experimenta con armas e trebellos.
Ese mesmo día incorpórase Kulebra and the Souls of Limbo na nube, consola e PC, unha aventura con estética de papiroflexia ambientada en Limbo, onde as almas atrapadas polos seus remorsos quedan presas nun bucle temporal. Tamén o 19 chega Revenge of the Savage Planet, situado nun futuro marcado pola cobiza empresarial no que o protagonista debe sobrevivir no confín do espazo, reunir melloras e descubrir misterios para vingarse da compañía que o abandonou.
crew_apps.58371.13664379846002571.e99.jpg O 20 de novembro estréase Monsters are Coming! Rock & Road para dispositivos portátiles e PC, un título roguelite sobre rodas no que cómpre defender unha cidade sempre en movemento das hordas de criaturas que avanzan sen descanso. Ese mesmo día desembarca The Crew Motorfest na nube, consola e PC, que traslada o festival da cultura automobilística ás paisaxes de Hawai e ofrece máis de setecentos vehículos entre coches, motos, barcos e avións, ademais das actualizacións gratuítas do seu terceiro ano, que engaden novas illas, opcións de personalización, un creador de carreiras, NASCAR e máis contidos.
O 25 de novembro incorpórase Banishers: Ghosts of New Eden, unha nova proposta narrativa de acción creada por Don’t Nod, que afonda en temas como a vida, a morte, o amor e o sacrificio. Ese mesmo día chega Kill It With Fire! 2, que permite combater arañas a través do espazo-tempo en campaña individual ou cooperativa, ou mesmo encarnar unha delas no modo competitivo Spider Hunt.
mci_titledheroart_d17e.jpg O 1 de decembro é a quenda de Marvel Cosmic Invasion, dispoñible día un na nube, consola, dispositivos portátiles e PC, unha proposta beat ’em up na que se pode escoller entre quince heroes de Marvel para deter a devastadora Annihilation Wave en escenarios que van desde Nova York ata a Zona Negativa. Para pechar, o 2 de decembro chega Lost Records: Bloom & Rage, unha aventura narrativa dos creadores de Life is Strange, que invita a rememorar un verán de 1995 e a afrontar, case tres décadas despois, os segredos que fixeron que un grupo de amigos prometese non volver falar do sucedido aquel ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Nioh 3 chegará a Xbox en xaneiro

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?