Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sixtema entra no Top 5 das empresas máis innovadoras de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sixtema entra no Top 5 das empresas máis innovadoras de Galicia

Redacción
Publicado: 21/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sixtema_equipo.jpgSixtema Proyectos de Información, S.L. consolidou a súa traxectoria no ecosistema dixital galego ao situarse na cuarta posición do Ranking de Empresas Innovadoras de Galicia do informe ARDÁN 2025, un avance significativo que a incorpora por primeira vez no Top 5 das compañías con maior capacidade innovadora da comunidade . O recoñecemento chega nun ano simbólico para a firma, que celebra o seu vixésimo aniversario apostando por reforzar a súa actividade en tecnoloxía, investigación e desenvolvemento de solucións avanzadas para a transformación dixital.
O informe ARDÁN volve outorgarlle o Indicador de Empresa Innovadora, acreditación que certifica o compromiso sostido de SIXTEMA coa creación de valor mediante a I+D+i. Este resultado mellora a súa posición respecto ao ano anterior (cando ocupaba o sétimo posto) e reflicte a evolución constante dos seus procesos internos, así como a calidade e impacto dos proxectos que impulsa no sector empresarial galego.
O director xeral de Sixtema, Alejandro Lamas, salientou a importancia deste avance e expresou que «este recoñecemento é o reflexo do esforzo diario de todo o equipo. En Sixtema entendemos a innovación como unha forma de traballar e de entender o futuro. Alcanzar o Top 5 o mesmo ano que celebramos o noso 20 aniversario ten un significado especial e impúlsanos a seguir medrando e a afrontar novos retos con máis enerxía ca nunca» .
A compañía destaca que este novo fito evidencia o valor das súas solucións na dixitalización, na eficiencia operativa e na sustentabilidade, contribuíndo a reforzar a competitividade de organizacións públicas e privadas en Galicia. Segundo a nota, tamén se pon á disposición dos medios material gráfico adicional, incluída unha fotografía do equipo nas oficinas da empresa.

Empresas que obtiveron 5 estrelas no Indicador ARDÁN de Empresa Innovadora 2024

Posto  

Empresa

Localidade

Sector

1

GALCHIMIA, S.A.

Touro

Produtos químicos e derivados

2

IMPROVING METRICS, S.L.

A Coruña

Información e coñecemento

3

AMBIOTEC, GABINETE DE ESTUDIOS TÉCNICOS DE MEDIO AMBIENTE, S.L.U.

Santiago de Compostela

Servizos profesionais

4

SIXTEMA PROYECTOS DE INFORMACIÓN, S.L.

Santiago de Compostela

Información e coñecemento

5

QUOBIS NETWORKS, S.L.

O Porriño

Información e coñecemento

6

EGATEL, S.L.

San Cibrao das Viñas

Maquinaria e equipamento

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?