Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google recolle as consultas máis destacadas de 2025 en España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google recolle as consultas máis destacadas de 2025 en España

Redacción
Publicado: 04/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

top_tendencias_-_yis_google_2025.jpgGoogle fixo pública a relación das buscas máis destacadas de 2025 en España, un ano no que a intelixencia artificial non só acaparou interese, senón que tamén transformou a maneira na que formulamos preguntas. As consultas deixaron de centrarse en palabras clave para adoptar un ton máis conversacional, o que levou a que as categorías inclúan cuestións formuladas en primeira persoa, como «como facer» ou «que é mellor».
Como cada decembro, a compañía compila as principais tendencias que definiron o ano, cun abano que abarca cultura pop, estilo de vida, deportes, música e actualidade informativa en arredor de sesenta países. As listaxes recollen aquelas procuras que rexistraron o maior incremento de tráfico en 2025 respecto de 2024, destacando fenómenos exclusivos deste período.
En España, o interese estivo marcado pola inmediatez e pola forte actividade informativa. Termos como «Apagón España» ou «Nuevo Papa» encabezaron as buscas vinculadas á actualidade, xunto con consultas sobre fenómenos meteorolóxicos como «Alerta lluvias» ou «Incendios España». A natureza e a divulgación científica tamén atoparon o seu espazo coa «Migración de la mariposa monarca», que se converteu nun dos termos emerxentes máis destacados.
peliculas_y_series_-_yis_googl.jpg A curiosidade polas figuras públicas mantívose transversal, combinando referentes do humor como Lalachús, artistas como Rosalía e o impacto deportivo de Ilia Topuria e Carlos Alcaraz. No eido audiovisual, o interese repartíuse entre o cinema de autor e as grandes producións, con Anora —gañadora da Palma de Ouro— e Superman entre as obras máis buscadas. Na televisión, o programa La Revuelta conseguiu facerse un oco nas tendencias do ano.
A intelixencia artificial tivo un papel protagonista non só como obxecto de curiosidade, senón como ferramenta de aprendizaxe. Na categoría «¿Cómo…?», as persoas buscaron desde «Cómo hacer fotos con IA» ata receitas impulsadas por tendencias virais como o «Chocolate de Dubái», as «Crumbl cookies» ou o «Yogur casero». As preocupacións domésticas tamén tiveron presenza con preguntas como «cómo quitar maquillaje de la almohada».
O 2025 foi igualmente un ano de comparacións e toma de decisións. Entre as procuras máis recorrentes apareceron «Gemini o ChatGPT», «Diesel o gasolina», «Amortizar plazo o cuota» ou «Comprar coche o renting». O interese polo coidado persoal e o deporte tamén quedou reflectido en consultas como «retinol o retinal» ou «proteína o creatina». A evolución dos códigos sociais levou a moitas persoas a investigar termos como «Woke», «PEC», «Edadismo» ou «La hora espejo».
por_que_-_yis_google_2025.jpg As preguntas iniciadas por «por qué» revelaron o desexo de comprender tanto a economía doméstica («por qué suben los huevos») como a internacional («aranceles»), ao tempo que tamén impulsaron a curiosidade por cuestións científicas, desde a escuridade do espazo ata a razón pola que os bostezos se contaxian.
Segundo Google, o 2025 en buscas lembra que detrás de cada consulta hai unha vontade sincera de comprender o mundo e conectar coa actualidade. As listaxes completas poden consultarse en liña e, para unha visión internacional, tamén están dispoñibles en Google Trends.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?