Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A cativada galega poderá conectarse con Papá Noel a través da rede CeMIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A cativada galega poderá conectarse con Papá Noel a través da rede CeMIT

Redacción
Publicado: 09/12/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vimianzo_papa_noel_cemit.jpgUn total de 885 escolares de educación infantil de 18 concellos galegos terán a oportunidade de trasladarlle en directo as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas ao sistema de videoconferencias das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas de Galicia. Un ano máis, a rede conectará aos máis pequenos con Laponia entre o 9 e o 18 de decembro.
O Colexio Sagrado Corazón de Celanova será o primeiro en participar nesta iniciativa, que botará a andar o vindeiro luns ás 10:00 horas. Cada conexión estenderase durante arredor de media hora e desenvolverase nas aulas CeMIT dos concellos implicados.

Percorrido por toda Galicia

vilagarcia_cemit_videoconferencia_papa_noel_1.jpgEntre o 9 e o 18 de decembro, está previsto que se conecten con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, O Barco, Barreiros, Betanzos, Boborás, Boiro, A Cañiza, Carballo, Castrelo de Miño, Celanova, Fisterra, A Fonsagrada, Ortigueira, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía e Vimianzo, completando así as 18 localidades participantes. En total celebraranse 33 sesións que permitirán a 885 nenos e nenas vivir esta experiencia virtual.
Esta actividade, que alcanza xa a súa décimo oitava edición e goza dunha ampla acollida por parte da comunidade educativa, procura favorecer un contacto directo entre Papá Noel e os máis pequenos, que poden conversar con el poucos días antes da Noiteboa e compartir as súas ilusións e desexos.
Ademais do alumnado de infantil, tamén se sumarán a esta proposta usuarios adultos con discapacidade intelectual do Centro Ocupacional Aspromor de Ortigueira e do Centro de Educación Especial Lenda Educativa de Carballo, que igualmente poderán expresarlle a Papá Noel os seus agasallos desexados.
Con iniciativas como esta, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca consolidar estes espazos multimedia como lugares de encontro nos municipios, ao tempo que amosa o potencial das súas tecnoloxías de comunicación e promove o seu uso entre a cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?