Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Anuncian dúas novas entregas de Tomb Raider
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Anuncian dúas novas entregas de Tomb Raider

Redacción
Publicado: 12/12/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

novo_tomb_raider.jpgCrystal Dynamics e Amazon Game Studios anunciaron no marco dos Game Awards 2025 dúas producións que marcarán o futuro da icónica arqueóloga Lara Croft. Tomb Raider: Legacy of Atlantis verá a luz en 2026, coincidindo co 30º aniversario da saga, mentres que Tomb Raider: Catalyst chegará en 2027 como a aventura máis ambiciosa de Lara Croft ata o momento.
Legacy of Atlantis preséntase como unha reinterpretación do título orixinal de 1996, desenvolvida con Unreal Engine 5 e en colaboración con Flying Wild Hog.
tombraider_legacyofatlantis_laracroft_vilcabamba_reveal-117db8a753498c0371ab.jpgO xogo recupera a procura do Scion, un artefacto de poder incalculable, e leva a protagonista por escenarios que van das selvas peruanas ás ruínas gregas, pasando polos desertos exipcios e unha misteriosa illa mediterránea. A proposta busca honrar os orixes da franquía ao tempo que introduce mecánicas modernizadas, gráficos renovados e novas sorpresas para veteranos e novos xogadores.
Catalyst, pola súa banda, sitúa a acción no norte da India, onde un cataclismo mítico libera forzas ancestrais e ameaza con alterar o equilibrio entre o mundo antigo e o moderno. Lara deberá decidir en quen confiar para impedir que cazatesouros rivais se apoderen dun segredo capaz de redefinir o futuro. O título promete o maior mundo aberto da serie, con plataformas verticais, exploración profunda e un uso intensivo da tecnoloxía de aventura personalizada da heroína.
tombraider_legacyofatlantis_laracroft_wolfden_dualpistols--ecf752395b87f9d90bf2.jpg Ambos xogos estarán dispoñibles en PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC, e contarán coa voz de Alix Wilton Regan para dar vida a unha Lara Croft renovada. A colaboración entre Amazon Game Studios e Crystal Dynamics consolida unha nova etapa para a saga, que non tiña lanzamentos principais desde Shadow of the Tomb Raider en 2018.
Con estas dúas entregas consecutivas, Tomb Raider busca reafirmar a súa relevancia cultural e expandir o mito de Lara Croft a unha nova xeración de xogadores, mantendo ao mesmo tempo a esencia que a converteu nunha das figuras máis recoñecibles da historia do videoxogo.


Vídeo de presentación de Legacy of Atlantis

Vídeo de adianto de Tomb Raider: Catalyst

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?