Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Instagram quere conquistar os televisores cunha nova aplicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Instagram quere conquistar os televisores cunha nova aplicación

Redacción
Publicado: 16/12/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

02_igtv.jpgInstagram iniciou esta semana as probas dunha nova aplicación pensada para levar os Reels á pantalla grande, trasladando a experiencia de consumo de contidos curtos que triunfa no móbil ao televisor, apostando por un formato compartido que permita ver vídeos cos amigos e familiares.
A aplicación, denominada Instagram for TV, está dispoñible de momento nos Estados Unidos a través de dispositivos Amazon Fire TV. A idea é que os usuarios poidan instalar a aplicación, iniciar sesión coas súas contas e acceder a un catálogo de Reels organizados en canles temáticas. Música, deportes, viaxes ou momentos virais son algúns dos apartados que se ofrecen, cun sistema de reprodución automática que evita ter que desprazarse continuamente.
03_igtv.jpg Trátase dun ensaio inicial, deseñado para identificar que funcións fan máis atractiva a experiencia no televisor. Entre as opcións que se estudan figuran o uso do teléfono como mando a distancia, novas formas de cambiar de canle, a posibilidade de compartir fluxos cos amigos e ferramentas para seguir de maneira máis sinxela aos creadores favoritos.
Instagram for TV está pensado para un consumo familiar, polo que os contidos seguen as pautas do sistema PG-13 recentemente introducido na versión móbil, e as contas de adolescentes manteñen os mesmos límites de uso e recordatorios de descanso que xa existen na aplicación tradicional. O obxectivo é garantir que a experiencia sexa segura e adaptada a un público amplo.
Meta prevé ampliar a dispoñibilidade da aplicación a máis países e dispositivos nos vindeiros meses, á medida que recolla comentarios dos usuarios e refine as funcións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?