Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Internet permítenos seguir a Papá Noel en tempo real
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Internet permítenos seguir a Papá Noel en tempo real

Redacción
Publicado: 24/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sears_ygrkvhewsbe3lhabfx6tkz2r4u.jpgA tradición de seguir en tempo real a viaxe de Papá Noel xurdiu hai 67 anos a partir dun erro tipográfico que desviou chamadas infantís cara a unha liña militar reservada.
Na década de 1950, en pleno clima de tensión da Guerra Fría, o coronel Harry Shoup —entón comandante de garda no Continental Air Defense Command (CONAD)— recibiu unha chamada inesperada dun neno que preguntaba se realmente era Santa Claus. A causa era un anuncio de Sears que, por un só díxito mal impreso, publicara o número secreto do oficial como se fose unha liña directa co lendario repartidor de agasallos.
santa_selfie_g86_f9taeaaakhp.jpg A anécdota, que co tempo adoptou matices case míticos, acabou converténdose nun exercicio de comunicación pública. O equipo de CONAD decidiu informar daquela «traxectoria dunha zorra non identificada, impulsada por oito renos», iniciando unha tradición que inicialmente estaba pensada para unha única edición. Porén, a demanda mediática fixo que o seguimento anual se consolidase a partir de 1956, e en 1958 a responsabilidade pasou ao recentemente creado NORAD.
norad_santa_2025.jpg Hoxe, o Santa Tracker continúa activo e combina sistemas de radar e satélites en órbita xeosincrónica para recrear o percorrido de Papá Noel cada 24 de decembro. A lenda engade que o brillo infravermello do nariz de Rudolph facilita a súa localización, un detalle que contribúe ao ton lúdico dunha iniciativa que, malia nacer nun contexto de tensión global, acabou converténdose nun símbolo de imaxinación e espírito festivo.
flightradar_santa.jpg A esta iniciativa se sumaron co tempo outras plataformas en liña, como Flightradar24, que identifica a Papá Noel no ceo como se fose un avión máis dos que percorren o espazo aéreo.
Aínda que a compañía que máis aposta por esta celebración é, sen dúbida, Google, que ten un espazo na web no que non se limita a ofrecer un localizador da zorra de Santa, senón que tamén ofrecer unha morea de contidos para que os cativos poidan divertirse mentres agardar pola noite máxica. O Google Santa Tracker recolle xogos con elfos, quebracabezas, minixogos, vídeos e numerosa información sobre tradicións de Nadal do mundo, polo que é unha visita virtual obrigada para os cativos que se portaron ben durante o ano e confían en recibir agasallos no Nadal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?