Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os novos televisores de TCL permitirán gozar do xogo na nube de Xbox
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os novos televisores de TCL permitirán gozar do xogo na nube de Xbox

Redacción
Publicado: 05/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tcl-x11l-tv-1.jpgTCL aproveitou o CES de Las Vegas para dar a coñecer a súa nova serie insignia de televisores X11L SQD-Mini LED, unha gama coa que a compañía pretende redefinir o teito de rendemento do LCD premium. O fabricante aposta por unha combinación de nova tecnoloxía de visualización, procesamento con intelixencia artificial e deseño ultradelgado para ofrecer unha experiencia de cinema doméstico sen concesións.
O televisor TCL X11L estrea o chamado Deep Color System con Super Quantum Dots, filtro CSOT UltraColor e un algoritmo avanzado de pureza da cor. Este conxunto permite acadar o 100 % do espazo de cor BT.2020 cun nivel de precisión e consistencia superior ao das actuais propostas Mini LED. A isto súmase un sistema de control do halo mellorado, con ata 20.000 zonas de atenuación independente e picos de brillo de ata 10.000 nits, unha combinación pensada para ofrecer negros máis profundos, altas luces moi intensas e unha redución practicamente total do blooming.
No núcleo da nova tecnoloxía SQD-Mini LED atópase o panel CSOT WHVA 2.0 Ultra, cun contraste estático de ata 7.000:1, amplo ángulo de visión, capa antirreflexos e un deseño ZeroBorder que reduce os marcos ao mínimo. Este panel intégrase cun novo controlador de retroiluminación de 26 bits e co procesador TSR AI, encargado de optimizar cor, contraste, nitidez, movemento, escalado e son mediante técnicas avanzadas de intelixencia artificial.
No apartado do audio, TCL colabora con Bang & Olufsen para ofrecer un son máis preciso e claro, cun sistema modular que admite a incorporación dun subwoofer sen fíos e altofalantes adicionais compatibles con Dolby Atmos FlexConnect.
A serie TCL X11L tamén reforza o seu apartado de conectividade e contidos coa integración de Google TV con Gemini, que permite un control máis natural e conversacional do televisor, así como recomendacións personalizadas, aínda que a novidade de maior impacto é o feito de que incorpora a aplicación de Xbox Game Pass, o que permite gozar do servizo xogo na nube de Microsoft sen contar cunha consolas física da marca Xbox, converténdose no primeiro televisor con Google TV en facer tal a través dunha actualización (o xogo na nube de Xbox xa está dispoñible en televisores de LG e Samsung, así como con dispositivos Fire TV). Aínda que TCL será a compañía que estrea varias das novidades de Google TV, nos vindeiros meses deberían chegar a dispositivos doutras marcas.
A gama X11L SQD-Mini LED chegará inicialmente en tamaños de 75, 85 e 98 polgadas, con prezos de referencia nos EE.UU. de 6.999,99, 7.999,99 e 9.999,99 dólares respectivamente. 

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?