Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Bizum prepárase para ofrecer pagamentos contactless
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Bizum prepárase para ofrecer pagamentos contactless

Redacción
Publicado: 09/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bizum-pay.jpgO Grupo Caixa Rural converteuse no primeiro grupo financeiro de España en obter a certificación oficial para ofrecer Bizum Pay en iOS e Android, os dous sistemas operativos móbiles máis utilizados. A certificación permitirá que as 30 caixas rurais que integran o grupo (incluíndo Caixa Rural Galega) lancen este novo wallet, pensado para facilitar os pagos tanto en comercios físicos como en tendas en liña desde o teléfono móbil, aínda que cómpre lembrar que o grupo xa ofrece pagamentos a través de Ruralvía Pay e as súas tarxetas son compatibles con Samsung Pay.
Bizum Pay preséntase como unha evolución do uso tradicional de Bizum, ampliando as súas posibilidades máis aló das transferencias entre particulares. A nova solución permitirá pagar achegando o móbil ao TPV nos establecementos físicos ou realizar compras na Internet empregando unicamente o número de teléfono, sen necesidade de introducir datos adicionais. En cada operación, o cliente poderá escoller se pagar mediante Bizum (como transferencia inmediata) ou a través das súas tarxetas bancarias, mesmo se pertencen a outras entidades adheridas ao servizo.
A compatibilidade total con iOS e Android garante que Bizum Pay poida empregarse na práctica totalidade dos smartphones do mercado. Ademais, a experiencia de uso estará adaptada aos catro idiomas cooficiais do Estado, un elemento diferencial fronte a outros wallets internacionais.
Coa súa chegada, Bizum Pay competirá directamente con solucións consolidadas como Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay, ofrecendo unha alternativa centrada no ecosistema financeiro español e nun uso cotián sinxelo e seguro.
Os comercios tamén se verán beneficiados pola implantación do novo sistema. Os establecementos clientes de Caixa Rural poderán aceptar Bizum Pay sen necesidade de cambiar o seu TPV, mantendo os actuais sistemas de cobro. Entre as principais vantaxes destacan a liquidez inmediata das vendas, a seguridade nas operacións e unha experiencia de compra máis áxil para uns clientes xa familiarizados co uso de Bizum. Estas características fan que a solución resulte especialmente atractiva para pequenos comercios, hostalaría e negocios con alta rotación de cobros.
O lanzamento oficial de Bizum Pay está previsto para mediados de 2026, unha data coa que o Grupo Caixa Rural aspira a marcar un novo fito na dixitalización dos medios de pago en España. Con esta iniciativa, a entidade reforza o seu compromiso coa innovación e coa oferta de servizos prácticos, seguros e adaptados ás necesidades reais do día a día dos seus clientes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?