Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPeme+ achega esta semana seis novos obradoiros de transformación tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPeme+ achega esta semana seis novos obradoiros de transformación tecnolóxica

S. P.
Publicado: 12/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra organiza esta semana (do 12 ao 16 de xaneiro) seis novos obradoiros de capacitación tecnolóxica ao abeiro da Rede SmartPeme+. As accións, todas elas requiren inscrición previa e afondarán en cuestións de interese para o tecido empresarial da provincia como a intelixencia artificial, a arquitectura visual, a xestión de canles, a protección de datos e as redes sociais.
O programa comezará este luns ás 12.00 horas co obradoiro telemático Intelixencia artificial: como facer prompts correctos, organizado pola oficina de Barro. As persoas participantes aprenderán técnicas avanzadas para traballar coa intelixencia artificial, evitando erros e explorando aplicacións prácticas. Na sesión, o asesor do Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado de Barro, Manuel Tornos, dará tamén pautas sobre os prompts e o futuro da interacción coa intelixencia artificial. As inscricións pódense realiza a través da Rede.
O martes 13 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, desenvolverase o obradoiro telemático Affinity by Canva IV- Arquitectura visual, organizado pola oficina de Ponteareas. Guillermo Nass, técnico en deseño gráfico publicitario, explicará os principios da arquitectura visual, a xerarquía tipográfica, o uso do espazo e da composición, a práctica en Affinity e dará consellos para un acabado profesional. As inscricións pódense realizar en liña.
Pola súa banda o mércores, 14 de xaneiro, haberá dúas sesións. A primeira delas, organizada pola oficina de Vigo e a cargo da licenciada en Turismo Patricia Cabaleiro, centrarase na xestión de canles, os seus usos e vantaxes e as ferramentas máis interesantes do mercado e as persoas interesadas pódense inscribir na ligazón habilitada. A segunda, organizada pola oficina de Cambados, trátase dun debate, moderado pola asesora Fátima Falide e coa participación de José Luis Taboada e Manuel Tornos, sobre a intelixencia artificial, os seus retos, oportunidades e impacto real (inscrición en liña).
O xoves 15 de decembro ás 12.00 horas, organizado pola oficina de Barro, celebrarase telematicamente a sesión Protección de datos para as pemes II. Defende a túa empresa, na que Manuel Tornos, afondará na ciberseguridade básica, na prevención activa, nos riscos sociais e na estratexias para concienciar e formar aos equipos na cultura da seguridade. As persoas interesadas poden inscribirse a través da Internet.
Finalmente, o venres 16 de xaneiro ás 12.00 horas desenvolverase o obradoiro en liña Fotografía e vídeo para redes sociais, a cargo da licenciada en Estudos Artísticos de Deseño Gráfico Lara Taboada e organizado pola oficina de Pontevedra. Neste caso, achegarase información sobre o teléfono intelixente como ferramenta de contido, a realización de fotografía para redes, a creación de vídeos con impacto e, entre outras cuestións, a edición dos materiais audiovisuais desde o móbil. As inscricións pódense realizar mediante unha ligazón específica.
A Deputación destina 1,45 millóns de euros á Rede SmartPeme+ e Acelera Pyme Rural para asesorar persoas emprendedoras desde as oficinas de Barro, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo. Desde esta rede lévanse a cabo actividades formativas relacionadas co crecemento empresarial e a transformación dixital, asesorando a ata 2500 emprendedores, autónomos e pemes ao ano e impartindo arredor de 200 talleres formativos e actividades complementarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?