Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta despide a preto de 1.500 traballadores da súa división de VR
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Meta despide a preto de 1.500 traballadores da súa división de VR

Redacción
Publicado: 13/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

meta_quest-3-consumer-highlights.jpgMeta Platforms puxo en marcha unha nova vaga de despedimentos que afectará máis de mil empregados da división Reality Labs, segundo avanzou Bloomberg. A compañía de Mark Zuckerberg, que nos últimos anos destinara enormes recursos ao desenvolvemento do metaverso, está a redirixir parte dese investimento cara a dispositivos baseados en intelixencia artificial como as lentes comercializadas en colaboración con Ray-Ban.
A medida foi comunicada internamente polo director de tecnoloxía, Andrew Bosworth, nunha mensaxe dirixida ao persoal. Nela explicaba que os avisos comezarían a enviarse a partir do martes pola mañá e que os recortes impactarían arredor do 10 % dos traballadores de Reality Labs, unha área que conta con preto de 15.000 empregados.
A decisión encaixa coa viraxe estratéxica que Meta iniciou nos últimos meses, marcada pola necesidade de priorizar produtos con retorno máis inmediato e pola crecente competencia no ámbito da IA aplicada ao consumo. Outros medios internacionais tamén recollen que esta reestruturación está a ter consecuencias directas no ecosistema de realidade virtual da compañía, incluíndo o peche de varios estudos dedicados ao desenvolvemento de videoxogos e experiencias inmersivas.
No caso dos estudios de xogos de realidade virtual pechados por Metaf estarían Sanzaru Games (Asgard’s Wrath), Ready at Dawn (Lone Echo), Downpour Interactiva (Onward), Twisted Pixel (Deadpool VR) e Armature Studio (Resident Evil 4 VR), mentres que Beat Games (Beat Saber), BigBox VR (Population One), Within (Supernatural) e Camouflaj (Batman Arkham VR) manteñen as súas operacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?