Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Facultades, escolas e centros de investigación da UVigo celebran ao grande o 11F
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Facultades, escolas e centros de investigación da UVigo celebran ao grande o 11F

S. P.
Publicado: 11/02/2026
8 Min de Lectura
Compartir
8 Min de Lectura

uvigo_dia_nenas_mulleres_ciencia_11f.jpgNo marco deste 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, as facultades, escolas e centros de investigación da Universidade de Vigo celebraron unha manchea de actividades para “poñer en valor o papel das científicas e para fomentar as vocacións STEM entre as nenas”.
200 mozas e mozos de catro IES
A axenda de celebracións trouxo este mércores 11 ao Campus de Vigo máis de 200 mozas e mozos de 3º e 4º da ESO dos IES de Coruxo, Politécnico de Vigo, O Castro e Álvaro Cunqueiro que participaron nun completo programa de obradoiros organizados polas escolas de enxeñaría de Telecomunicación, Minas e Enerxía e Industriais; as facultades de Filoloxía e Tradución e Ciencias Xurídicas e do Traballo, así como polos centros de investigación CINBIO, CINTECX e CIM, co apoio da Unidade de Igualdade e da Unidade de Cultura Científica e da Innovación, en colaboración coa FECYT. Coa novidade da visita do alumnado masculino ás facultades máis feminizadas do campus, mentres as rapazas seguiron achegándose a ámbitos tradicionalmente máis masculinazados, o 11F comezou ás 9.30 da mañá coa chegada do alumnado ao campus vigués, onde permaneceron ata o mediodía.
Unha vintena de obradoiros por todo o campus
uvigo_nenas_mulleres_ciencia_11f.jpg Baixo o paraugas de ElasFanCientec o CINBIO ofreceu ás súas visitantes nove obradoiros nos que persoal investigador do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina tivo ocasión de amosar o seu traballo nos ámbitos dos nanomateriais, filoxenómica, citometría ou biomediciña.
Pola súa banda, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación foi escenario da celebración de dous obradoiros: Detectives de imaxes, a cargo de Elena Rodríguez, no que as alumnas recibiron unha pequena introdución ao mundo da análise forense de imaxes para coñecer a detección de manipulacións e xerar as súas propias edicións; e Robótica con CuteBot, con Laura Pardo, no que as participantes achegáronse ao mundo da programación a través dos bloques de programación gráfica de CuteBot, un robot con placa micro:bit.
uvigo_11f_ciencia_nenas_e_mulleres.jpgNa Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía as participantes no ElasFanCientec afondaron na historia da ciencia no obradoiro EnerXIKAS con Raquel Pérez e Marta Pazo; tomaron parte nunha xincana sobre conceptos de combustión dirixida por Iria Feijoo e Silvia Gómez (The Science Games: Catching Fire) e na resolución dun quebracabezas relacionando un mineral do que se extrae un metal que logo se utiliza en aplicacións que se empregan no día a día.
Mentres, na Escola de Enxeñaría Industrial, as alumnas da ESO tiveron ocasión de entrevistar a mulleres da Escola que lles achegaron unha visión real da súa traxectoria, para logo recompilar esta información e expoñela ao resto de compañeiras.
uvigo_11f_ciencia1.jpgNa Facultade de Filoloxía e Tradución desenvolvéronse cinco obradoiros sobre subtitulado audiovisual, fraseoloxía galega, ciencia aberta, música e letras e os acentos inglés, impartidos por Alberto Álvarez Lugrís, Verónica Pousada, Rocío Hernández, Susana Rodríguez Barcia e Claudia de la Iglesia.
Ao mesmo tempo, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo o alumnado tivo ocasión de debater algúns supostos, así como coñecer as titulacións que se imparten e coñecer a experiencia profesional dalgúns titulados.
A maiores, no CINTECX integrouse por vez primeira o alumnado masculino de secundaria nunha actividade centrada na identificación de estereotipos e roles de xénero que condicionan a elección de estudos, promovendo a incorporación dos homes a titulacións con menor presenza. Ademais de neste obradoiro, organizado pola Unidade de Igualdade, o alumnado visitou a exposición Mulleres investigadoras CINTECX e participaron nunha actividade vinculada ao desenvolvemento do xogo de escapada científico Alerta Verde, que se está a desenvolver coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
A perspectiva de xénero nas tecnoloxías emerxentes foi a protagonista doutras actividades do 11F, como a mesa redonda organizada polo centro Ecobas sobre intelixencia artificial e igualdade na Facultade de Ciencias Económicas. Ademais, esta tarde, entre as 16.00 e as 21.00 h, o Instituto Universitario de Investigación Xustiza e Xénero (IXEX) organiza a proxección da película Justicia artificial na Facultade de Ciencias Xurídicas do campus de Vigo e na de Dereito do campus de Ourense, dentro do ciclo Cine e Xustiza 2026.
Premio Marie Tharp e mesa redonda no CIM
uvigo_11f_cim.jpg Pola súa banda, o Centro de Investigación Mariña (CIM) celebrou a cuarta edición do Premio Marie Tharp, unha iniciativa vinculada ao Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia que promove a visibilización das investigadoras mediante vídeos divulgativos dun minuto. No apartado competitivo, o xurado distinguiu a Cristina Fernández (PhystoFish) polo seu traballo sobre suplementos nutricionais para avanzar cara a unha acuicultura máis eficiente e sostible, mentres que a mención especial foi para Lizbet Gutiérrez (XB2), centrada no desenvolvemento de ferramentas intelixentes para mitigar a depredación do mexillón nas rías galegas.
A xornada incluíu a mesa redonda Retos e oportunidades para as mulleres na ciencia mariña, na que participaron as investigadoras Ana Ulla, Ayelén Blanco y Nerea Cazás, de distintas etapas profesionais e a directora da Unidade de Igualdade, Yolanda Rodríguez.
Máis actividades este xoves 12 e a vindeira semana
As actividades do 11F continuarán este xoves no Campus de Vigo co relatorio Innovación en igualdade, impulsada pola UCC+i, na sala 1 do Edificio Miralles ás 11.00 h. O relatorio, que poderá seguirse de forma presencial ou online a través de UVigo TV, será moderado pola técnica da Unidade de Igualdade da UVigo Mar Fernández Cendón, e nel participarán as investigadoras da UVigo Soledad Torres, Katia Rolán e Laura Sampedro. O encontro contará tamén coa introdución da vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, e coa participación en liña da divulgadora Marta Macho.
Pola súa banda, a gran feira divulgativa eXXperimenta en Feminino desenvolverase o 20 de febreiro, de 9.00 a 18.00 h no edificio Politécnico do Campus de Ourense. Aberta ao alumnado non universitario da provincia na quenda de mañá e ao público xeral na de tarde, a xornada ofrecerá múltiples postos experimentais sobre química, biotecnoloxía, programación, aeronáutica ou saúde, co obxectivo de achegar as disciplinas STEM á sociedade. Ademais, a divulgadora científica Deborah García Bello impartirá unha charla titulada Barbies e Robots, de acceso libre ata completar aforo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?