Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Teresa Serrano-Gotarredona avogou no CITIC por unha IA máis eficiente e máis semellante ao noso cerebro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Teresa Serrano-Gotarredona avogou no CITIC por unha IA máis eficiente e máis semellante ao noso cerebro

S. P.
Publicado: 03/03/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_teresa_serrano-gotarredona.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, centro da Rede CIGUS da Xunta de Galicia, acolleu onte unha conferencia da directora do Instituto de Microelectrónica de Sevilla, Teresa Serrano-Gotarredona, quen afondou no potencial da enxeñaría neuromórfica como base dunha intelixencia artificial máis sostible, rápida e eficiente.
A investigadora do CSIC participou no ciclo de conferencias Converxencia Verde: IA para una futuro sustentable, impulsado pola Cátedra Inditex-UDC de IA en Algoritmos Verdes.
Serrano-Gotarredona falou da enxeñaría neuromórfica e o seu papel como base dunha intelixencia artificial máis respectuosa cos recursos, máis eficiente e máis próxima ao funcionamento do cerebro humano, ademais de explicar con aplicacións prácticas o traballo de investigación que desenvolve o seu grupo.
A sesión permitiu afondar nas conclusións máis relevantes deste ámbito emerxente, que propón un cambio de paradigma fronte ao concepto de aprendizaxe máquina (o machine learning tradicional), que se viña apoiando en tecnoloxías e algoritmos baseados na adquisición e procesamento de sinais mediante mostreo periódico. Pola contra a enxeñaría neuromórfica inspírase directamente nos sistemas biolóxicos.
citic_teresa_serrano-gotarredona_na_conferencia.jpgA investigadora subliñou que os sistemas convencionais operan de forma síncrona e secuencial, mentres que o cerebro adquire e procesa a información de maneira asíncrona, comunicándose a través de pulsos eléctricos. Esta diferenza estrutural obriga a redeseñar tanto o hardware como os modelos computacionais, incorporando arquitecturas capaces de traballar con eventos en tempo real en lugar de datos discretizados en intervalos fixos.
Tamén puxo o foco nun dos grandes retos identificados: a integración da variable tempo nos modelos neuromórficos. A súa incorporación abre un enorme potencial ao permitir explotar correlacións espazo-temporais nos datos, como acontece no caso do procesamento sensorial. Porén, tamén introduce unha maior complexidade no desenvolvemento de modelos matemáticos, sistemas de aprendizaxe e implementacións físicas. Deseñar algoritmos capaces de aprender a partir de fluxos continuos de eventos segue a ser un dos principais desafíos científicos do sector.
Fronte a estes retos, a enxeñaría neuromórfica ofrece “oportunidades de grande impacto”. No ámbito do procesamento sensorial, destaca o alto paralelismo de datos e a capacidade de eliminar redundancias, replicando a eficiencia do cerebro ao filtrar información irrelevante e priorizar eventos significativos.
A eficiencia enerxética é outro dos piares desta tecnoloxía. Ao procesar unicamente eventos relevantes e enviar a información comprimida, os sistemas neuromórficos poden reducir de forma drástica o consumo eléctrico. Isto convérteos en solucións idóneas para sistemas autónomos en contornas da Internet das Cousas (IoT) ou dispositivos de vixilancia intelixente, así como outras aplicacións nas que a autonomía é clave.
Ademais, a alta velocidade e a baixa latencia de resposta sitúan esta tecnoloxía como estratéxica para contornas dinámicas, como a robótica avanzada, o guiado de vehículos autónomos, os drons ou determinadas aplicacións industriais onde a capacidade de reacción en tempo real é determinante.
Ademais, o procesamento asíncrono e continuo permite preservar a estrutura temporal dos datos, facilitando o recoñecemento natural de escenas dinámicas e a aplicación eficiente de redes neuronais recorrentes. Esta característica achega os sistemas artificiais á maneira na que o cerebro procesa información cambiante en contornas reais.
Para rematar a investigadora puxo o foco na dimensión interdisciplinar da enxeñaría neuromórfica, que “tende pontes entre a electrónica, a intelixencia artificial e a neurociencia, e ten interesantes aplicacións no eido da medicina”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?