Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A relación entre creación e tecnoloxía centrará o EAN 2026
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

A relación entre creación e tecnoloxía centrará o EAN 2026

Redacción
Publicado: 13/04/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ean2024gaias-013.jpgA Xunta de Galicia vén de abrir unha nova convocatoria do Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura de Galicia (EAN), que ofrece a 28 artistas, investigadores e profesionais emerxentes do sector cultural a posibilidade de convivir durante catro días no Gaiás para presentar o seu traballo, compartir prácticas, metodoloxías e inquedanzas. Nesta edición préstase especial atención á intersección entre arte e tecnoloxía e actívase por primeira vez a Residencia Artística EAN, orientada a apoiar proxectos de creación ou investigación neste ámbito.
Baixo a dirección da comisaria, xestora cultural e crítica de arte Chus Martínez, o encontro desenvolverase no Gaiás entre o 1 e o 4 de setembro deste ano. O programa inclúe presentacións de proxectos, conversas con artistas, mentores e profesionais, así como unha sesión de traballo colectivo, nun formato que aposta pola aprendizaxe compartida entre creadores emerxentes e figuras consolidadas. O prazo para presentar candidaturas permanecerá aberto ata o 21 de maio de 2026.
Ademais, quen obteña praza no Encontro de Artes Novas 2026 poderá optar á Residencia Artística EAN e acceder a unha estancia de traballo de tres meses no Museo Gaiás, que contará cunha dotación de 12.000 euros, acompañamento curatorial, apoio á produción e acceso a recursos, ademais de favorecer o intercambio con profesionais do futuro Centro Galego de Artes Dixitais.
Deste xeito, o EAN intégrase no programa de residencias REGA, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para fomentar a creación artística aproveitando as infraestruturas e equipamentos punteiros da Cidade da Cultura, así como a colaboración con organizacións e colectivos de referencia na creación contemporánea.

Contidos
  • Un espazo para dialogar e compartir procesos
  • Candidaturas ata o 21 de maio

Un espazo para dialogar e compartir procesos

ean2024gaias-009.jpgEsta edición do Encontro de Artes Novas contará coa participación de figuras recoñecidas como a escritora, comisaria e podcaster Sonia Fernández Pan, que desde 2021 desenvolve a serie de podcasts The Tale and The Tongue co Instituto de Arte, Xénero e Natureza da Escola Superior de Deseño e Arte de Basilea. Tamén estará presente a dupla artística Clo-Plas, integrada pola poeta e xornalista Xiana Arias e o artista e investigador Berio Molina, cunha proposta sonora que combina versos e electro-pop minimalista coa oralidade popular da Fonsagrada.
O programa inclúe igualmente unha conversa co profesor e investigador en Filosofía da Tecnoloxía Pablo Sanguinetti, autor do libro Tecnohumanismo. Por un diseño narrativo y estético de la inteligencia artificial, ademais de numerosos artigos sobre a relación entre tecnoloxía, humanidades e creatividade.
Como novidade, os artistas seleccionados participarán nunha sesión para coñecer o funcionamento de Medialab Matadero, un dos espazos culturais máis dinámicos e innovadores de España no ámbito da creación contemporánea, así como nunha sesión de traballo colectivo conducida pola artista de novos medios Laura Tabarés e o arquitecto, artista visual e docente Jacobo Bugarín, ambos antigos participantes do encontro.

Candidaturas ata o 21 de maio

A convocatoria do Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura está dirixida a persoas e colectivos cunha práctica artística contemporánea, independentemente da súa formación, sempre que a documentación presentada permita avaliar a existencia dunha obra, liña de investigación ou proxecto creativo en desenvolvemento, consolidación ou reformulación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?