Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EA Sports FC 26 chega a PlayStation Plus en maio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

EA Sports FC 26 chega a PlayStation Plus en maio

Redacción
Publicado: 29/04/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ps_plus_maio_2026_detalle.jpgOs xogos mensuais de PlayStation Plus de maio inclúen tres títulos dispoñibles para todos os subscritores do servizo a partir do martes 5 de maio. A selección combina fútbol de última xeración, acción tipo souls e unha proposta de plataformas en 2D cun forte compoñente narrativo.
EA Sports FC 26, para PS5 e PS4, é a última entrega da franquía futbolística de referencia. O título permite escoller entre preaxustes de xogo auténtico e competitivo, e centra boa parte da experiencia no modo Football Ultimate Team, con torneos e eventos en vivo, ademais de melloras nos modos Rivals e Champs. O xogo destaca tamén pola amplitude de contido, con máis de 20.000 xogadores, máis de 750 clubs e seleccións, máis de 120 estadios e 35 ligas. Os subscritores de PlayStation Plus recibirán ademais un paquete adicional exclusivo, EA FC 26 PlayStation Plus Icons Pack, dispoñible mentres o xogo forme parte da selección mensual.
wuchang.jpg Wuchang: Fallen Feathers sitúa a súa acción nos derradeiros anos da dinastía Ming en China, nun contexto marcado por guerras entre faccións e pola aparición dun fenómeno coñecido como o Emplumado, que transforma os habitantes en criaturas monstruosas. A protagonista, a pirata guerreira Wuchang, esperta sen memoria e afectada por esa mesma maldición, nun mundo interconectado que debe explorar mentres enfronta inimigos deformados e perigosos. O sistema de xogo baséase na progresión mediante o dominio de estilos de combate, o uso de armas e armas de fogo antigas, e a adquisición de habilidades dos adversarios derrotados.
nine_sols.jpg Nine Sols é unha proposta de acción e plataformas en 2D cunha forte carga narrativa e un sistema de combate inspirado en Sekiro, centrado na defensa mediante a desviación de ataques. O xogo desenvolve unha historia de vinganza ambientada nun mundo de fantasía de inspiración asiática, no que o protagonista percorre unha terra antigamente gobernada por unha raza alieníxena. O obxectivo principal pasa por enfrontarse aos chamados 9 Sols, considerados os gobernantes máis poderosos deste reino esquecido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais

23/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?