Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregado o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas (categoría A), cuxos traballos poden verse no Portal da Lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregado o premio do Concurso-Exposición das Letras Galegas (categoría A), cuxos traballos poden verse no Portal da Lingua

S. P.
Publicado: 30/04/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concurso_letras_galegas_secretaria_xeral_lingua_xunta.jpgO secretario xeral da Lingua, Valentín García, visitou este xoves 30 de abril o colexio público de Ribadavia onde felicitou ao grupo gañador do Concurso-Exposición Letras Galegas 2026, que organiza a Xunta de Galicia “implicando á cativada e á comunidade escolar nun proxecto que fomenta o interese pola nosa cultura e a nosa lingua a través dunha efeméride tan destacada como as Letras”, apuntou.
Trátase da exposición gañadora na categoría A, destinada aos centros de Educación Infantil e Primaria, dunha convocatoria posta en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para afondar na obra, a época e a situación sociolingüística da etapa na que viviu a persoa homenaxeada.
Así, baixo o título Begoña Caamaño, un camiño de sementes, tal e como destacou o representante do Goberno galego, “o alumnado realizou unha proposta na que destaca a creatividade e a beleza estética”, ademais de felicitalos “pola cooperación e traballo en equipo”.
concurso_letras_galegas_secretaria_xeral_lingua_xunta_2.jpgGarcía lembrou que os materiais finais, tanto nesta categoría como na modalidade específica para Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial, na que gañou o Instituto Castelao de Vigo, están a ser distribuídos en centros educativos de Galicia e do exterior, ademais de bibliotecas e outros espazos culturais. Trátase dunha colección de dez carteis que integran cada exposición e a súa correspondente guía didáctica, que se completan con outros recursos como marcapáxinas, e que tamén están dispoñibles no Portal da Lingua para a súa descarga libre e gratuíta.
Ademais, cada un dos centros gañadores recibe un premio de 2.000 euros, mentres que o profesorado implicado no deseño e elaboración dos traballos obtén unha certificación de primeiro premio de Innovación Educativa equivalente a 20 horas de formación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?