Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous estudantes de Publicidade e RRPP do Campus de Pontevedra, finalistas do concurso Efecto Mil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous estudantes de Publicidade e RRPP do Campus de Pontevedra, finalistas do concurso Efecto Mil

S. P.
Publicado: 06/05/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Estíbaliz Bárcena e Fernando David Bautista, finalistas do certame Promover nas novas xeracións un pensamento crítico sobre o uso das redes sociais é o obxectivo de Efecto Mil, un concurso promovido pola Fundación Atresmedia, coa colaboración da Fundación Telefónica, que xa vai pola súa quinta edición. Este certame está pensado para mozos e mozas de entre 16 e 25 anos e, desta volta, contou con máis de 900 participantes, aos que se convidaba a abordar diferentes riscos dixitais que afectan a súa contorna, a través de vídeos de curta duración, o que levou aos estudantes do Grao en Publicidade e Relacións Públicas a centrarse, explican, “no uso abusivo e a adicción ás redes sociais”.
#Noteaplatanes é o título do vídeo que converteu aos estudantes da Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra (UVigo) Estíbaliz Bárcena e Fernando David Bautista en finalistas de Efecto Mil.
Indo á peza gañadora, realizada como traballo para a materia Produción publicitaria na web e multimedia, impartida polo profesor Alberto Dafonte, foi seleccionada como unha das 15 finalistas deste encontro, o que permite ademais que Bárcena e Bautista participen nestas semanas nun programa formativo promovido por Atresmedia. “Ser elixidos entre centos de vídeos é unha oportunidade para dar visibilidade á nosa creatividade e pon en valor o noso talento e traballo”, salientan da súa selección nun concurso que viu incrementada nun 16% a súa participación respecto da edición anterior, na que outros dous traballos realizados na facultade acadaron o pase á final.
Os promotores de Efecto Mil convidaban á mocidade a realizar vídeos cunha duración máxima dun minuto, concibidos para as redes sociais, que abordasen cuestións como a adicción a estas plataformas, os discursos de odio, os perigos dos retos virais, o ciberacoso ou a difusión de novas falsas. Partindo desta premisa, Bautista e Bárcena optaron pola adicción ás redes sociais “porque é o que máis vemos día a día. Preocúpanos o xeito que teñen as persoas de relacionarse e a súa dependencia das redes sociais como busca de dopamina”, recoñecen.
Tomaron como punto de partida o feito de que “os seres humanos compartimos arredor do 60% do mesmo material xenético”, coa idea de chamar a atención, aínda que “obviamente o que temos en común son cousas moi básicas da existencia”, pero tamén para artellar a peza arredor da idea de “estar aplatanado”. Deste xeito, sinalan, buscaron promover unha reflexión sobre o uso abusivo destas plataformas “dunha maneira moi creativa e enxeñosa”, conectando esta frase cos “síntomas da adicción ás redes sociais”, nunha peza que busca reflectir “a vida dun mozo no seu día a día se continuamente está empregando o teléfono”.
noteaplatanes.jpg Segundo informou a organización, tanto a capacidade dos vídeos “para sensibilizar e xerar reflexión”, como a súa creatividade e calidade técnica e o seu “potencial de difusión” formaron parte dos criterios para escoller as pezas finalistas. Esta selección permite aos seus autores e autoras participar nunha formación virtual impartida por profesionais de Atresmedia e centrada en áreas como creatividade, guión, márketing de contidos, redes sociais, ciberseguridade ou alfabetización mediática. Esta formación, explican os estudantes da Facultade de Comunicación, combínase á súa vez con “titorías nas que van revisando o proxecto e vendo os nosos avances”, posto que, ao longo deste período, as e os finalistas traballarán tamén na reedición do seu vídeo, coa idea de “intentar melloralo da mellor maneira posible e despois difundilo en redes sociais para que se faga viral”, explican Bárcena e Bautista.
Emporiso, logo desta fase formativa, as e os finalistas terán que compartir as súas pezas, “buscando maximizar o impacto dos seus contidos e chegar ao maior público posible”, sinalan desde a organización. De feito, a repercusión acadada por cada vídeo será un dos factores que determinará aos gañadores e gañadoras do concurso. O equipo gañador será galardoado cun pack tecnolóxico valorado en 3000 euros e coa súa participación nun curso práctico de habilidades de comunicación, mentres que outro dos traballos será recoñecido cunha mención especial, galardoada cunha experiencia formativa e divulgativa por parte da Fundación Telefónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?