Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo Plan da Lingua Galega seguirá poñendo o foco nas posibilidades do dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo Plan da Lingua Galega seguirá poñendo o foco nas posibilidades do dixital

S. P.
Publicado: 20/05/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conselleiro_cultura_260520_cltra_pleno_mac-5.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu no Parlamento galego avanzando detalles da actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, un dos piares do Pacto pola Lingua impulsado pola Administración autonómica. Segundo dixo, o documento da revisión do plan presentarase o vindeiro mes de xuño e con el “ábrese un novo escenario para acadar medidas fundamentais para a nosa lingua”.
O conselleiro sinalou que “desde o principio tivemos a man tendida á participación neste proceso polo ben do galego, no que involucramos sempre aos grupos parlamentarios que así o quixeron”. Neste senso, destacou que a renovación do plan é resultado do traballo de 11 comisións de expertos en diversas materias que durante os pasados meses realizaron máis 400 contactos e recolleron 1.400 propostas, incluídas as achegas da sociedade a través dunha caixa virtual.
López Campos fixo fincapé noutras medidas desenvolvidas a prol da lingua mentres se estivo traballando paralelamente na actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega “para fomentar e prestixiar o idioma en moi diversos eidos e sectores profesionais”. Fixo referencia así aos 100 cursos de cultura e lingua galegas que se puxeron en marcha para persoas provenientes de fóra de Galicia, nos que participaron máis de 1.500 persoas, e aos que se suman outras propostas formativas en ámbitos moi específicos como o da sanidade, a administración ou a xustiza.
Así mesmo, entre outras accións, López Campos tamén destacou que no 2025 desenvolvéronse, por primeira vez, as probas CELGA en liña, para as que se recibiron máis de 600 solicitudes, avanzando deste xeito no obxectivo de chegar a máis persoas para validar e acreditar o dominio da lingua galega.
Tamén resaltou “a colaboración da Xunta nas actividades de dinamización da lingua que se desenvolven en ámbitos escolares como son Falamos +, Fala que Fala ou 21 Días co Galego”. Todas elas, tal e como apuntou, “son propostas encamiñadas a achegar o idioma á xente moza, para a que tamén se preparan contidos no eido dixital, como é o caso do portal Xabarín.gal”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?