Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O pleno da Deputación de Lugo aproba por unanimidade a IA da provincia, MencIA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O pleno da Deputación de Lugo aproba por unanimidade a IA da provincia, MencIA

S. P.
Publicado: 26/05/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_mencia_intelixencia_artificial_260526_pleno_de_maio.jpgO pleno da Deputación de Lugo celebrado aprobou por unanimidade MencIA, a estratexia de intelixencia artificial da institución provincial. Así se acordou na sesión ordinaria da corporación provincial celebrada no Pazo de San Marcos, tras a proposta de Goberno que fixa os marcos do proxecto de IA propio a desenvolver entre o 2026 e o 2030. A iniciativa saíu adiante cos votos a favor de todas as forzas políticas con representación, PSdeG, BNG, o deputado non adscrito e PP.
A presidenta da institución, Carmela López, destacou á entrada do pleno que “a Deputación de Lugo será a primeira de Galicia, e das primeiras de España, en ter unha IA propia. Algo que nos permitirá ter soberanía tecnolóxica e unha axuda moi importante en tarefas mecánicas e de baixo valor”.
Nese sentido, asegurou que será un valor diferencial do proxecto e unha decisión política “de primeira orde, que os datos dos lucenses non saian de Lugo” e tamén apuntou que a tecnoloxía “non vén a substituír, quen decide segue sendo unha persoa, porque manda a Administración pública, non un algoritmo”.
Nese sentido, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, sinalou durante o pleno que estas dúas decisións de fondo “transformarán o funcionamento da Deputación por dentro; e por fóra, levando este mesmo modelo aos 67 concellos da provincia e a toda a veciñanza”. E engadiu: “MencIA vai permitir que esta provincia, das máis envellecidas e dispersas de España, teña os mesmos servizos dixitais que unha gran cidade”.
A IA da Deputación falará en galego, “porque se os algoritmos do mundo non aprenden o galego, o galego desaparecerá dos algoritmos; e o que desaparece dos algoritmos, dentro de vinte anos, desaparece da vida”. Polo tanto, concluíu o deputado, trátase dunha cuestión “de supervivencia, non só unha cuestión técnica”.
Rivera finalizaba asegurando que a IA vai chegar á Administración pública de toda España nos vindeiros anos, e que ante a pregunta de se Lugo a importaba ou a construía aquí, “hoxe este pleno responde con MencIA: construímola aquí”.
Entre as cuestións aprobadas nesta iniciativa, o texto recolle tamén a constitución formal dun Comité de Gobernanza da IA da Deputación de Lugo coa composición prevista na estratexia, que garanta a representación dun membro de cada grupo político con presenza no pleno; a oficina provincial de IA como órgano executivo do Comité; e impulsar a posta en marcha do Rexistro Provincial de Sistemas de IA. Ademais, o texto íntegro da estratexia de intelixencia artificial quedará publicado nos vindeiros días no portal de transparencia da Deputación de Lugo e na páxina web da entidade.
Laboratorio MencIA, un dos eixos operativos da estratexia de intelixencia artificial da Deputación, estrutúrase en tres compoñentes: un motor, a infraestrutura tecnolóxica que executa os modelos de IA; unhas mans, as aplicacións e asistentes que permiten interactuar co sistema; e un cerebro, o sistema que conecta todos os elementos para que funcionen de maneira coordinada.
O ecosistema contará ademais con diferentes aplicacións destinadas a automatizar tarefas mecánicas e rutineiras en moito menos tempo, facilitando o labor do persoal da institución para que poida centrarse en tarefas de maior valor engadido. Entre as ferramentas previstas figuran un resumidor de documentos, extractores de texto, transcritores de audio, un monitor de edictos do BOE, un xestor intelixente do correo electrónico, un almacén de instrucións, unha calculadora de prazos da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público ou un analizador de convocatorias de axudas e subvencións.
MencIA terá un horizonte de implantación de catro anos, que comezará coa posta en produción das oito aplicacións e nove asistentes. No segundo semestre do 2026 e comezos do 2027 están previstos os primeiros pilotos. O despregamento interno completo producirase entre o 2027 e o 2028; e de cara ao final dos catro anos este novo ecosistema estea consolidado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?