Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carmela López di que o novo Grao en IA da UNED é un paso estratéxico para o futuro de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carmela López di que o novo Grao en IA da UNED é un paso estratéxico para o futuro de Lugo

S. P.
Publicado: 26/05/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_de_lugo_260526_visita_institucional_da_presidenta_a_uned.jpgA presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este martes 26 de maio á tardiña xunto á directora da UNED Lugo, Ana Traseira, e o equipo directivo, na presentación da nova titulación en Intelixencia Artificial do centro universitario, que se implantará o vindeiro curso académico.
Durante a súa intervención, Carmela López destacou que este novo grao “supón unha aposta estratéxica para o futuro da provincia e un paso importante para reforzar a formación nun dos sectores tecnolóxicos con maior crecemento e proxección”.
A mandataria provincial salientou que “a IA xa está a transformar a maneira na que traballamos, aprendemos e prestamos servizos públicos”, polo que considerou fundamental que a provincia avance nesta dirección e non quede á marxe destes cambios.
Sinalou tamén que a nova titulación alíñase coa estratexia provincial de Intelixencia Artificial MencIA, aprobada este mesmo 26 de maio por unanimidade no pleno da Deputación, “coa que se busca impulsar a transformación dixital desde o ámbito público, con garantías, control sobre os datos e adaptada á realidade da provincia”. Incidiu ademais que “a innovación tecnolóxica debe servir tamén para reforzar os servizos públicos, acompañar aos concellos máis pequenos e garantir igualdade de oportunidades na provincia”.
No marco da visita, a presidenta aproveitou a súa primeira presenza oficial na UNED de Lugo como máxima responsable da Deputación para asinar no Libro de Honra e coñecer as instalacións e o funcionamento do centro. Durante o percorrido, interesouse pola actividade académica e polos proxectos en marcha.
Enxalzou o centro como ferramenta de acceso á educación superior na provincia, “que permite estudar sen necesidade de abandonar o territorio e adaptando a formación ás circunstancias persoais, laborais e familiares do alumnado”. A presidenta destacou tamén “o récord histórico de matrícula acadado este curso, con máis de 1.240 estudantes e un crecemento superior ao 12 %, un dato que”, segundo sinalou, “reflicte a confianza da sociedade lucense neste proxecto educativo”.
Pola súa banda, a directora da UNED de Lugo agradeceu o compromiso da Deputación co centro e subliñou “a importancia de seguir avanzando na actualización da oferta académica mediante novas titulacións, microcredenciais e programas adaptados ás necesidades emerxentes da sociedade e do mercado laboral”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?