Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Secretaría da Lingua premia o proxecto Palabra no tempo de recuperación do léxico patrimonial do Courel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Secretaría da Lingua premia o proxecto Palabra no tempo de recuperación do léxico patrimonial do Courel

S. P.
Publicado: 27/05/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

palabra-no-tempo.jpgA Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia fixeron pública a resolución da convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública durante o curso académico 2025/2026. Entre os cinco proxectos seleccionados con mención de excelencia a nivel galego figura Palabra no tempo, do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel.
O recoñecemento supón unha dotación económica de 2.000 euros para o centro, así como a certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para o profesorado implicado e a difusión do proxecto a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua, o Portal da Lingua.
Palabra no tempo é un proxecto de dinamización lingüística onde o alumnado se converte en investigador do patrimonio léxico do Courel. Ao longo deste curso, as alumnas e os alumnos do centro documentaron máis de 350 palabras e expresións propias desta comarca. “Voces algunhas delas en risco de desapareceren debido ao despoboamento zona, á falta de transmisión xeracional ou á tendencia cara o uso do galego estándar, mais tamén outras aínda vivas na fala cotiá”, informaron dende o centro educativo de Courel, sinalando que a iniciativa leva parella un importante traballo de recuperación e conservación do léxico tradicional da comarca, materializado polo alumnado e tamén pola veciñanza e polas familias das e dos estudantes, grazas aos cales estes recolleron “palabras únicas do seu territorio” coas que están a crear un dicionario dixital, xogos de mesa (un dominó e un memory) e mesmo unha páxina web propia.
palabra_no_tempo_courel.jpg A colaboración artéllase a través de enquisas en formato dixital e físico. A idea do proxecto é que “o alumnado aprenda e manteña vivas estas palabras”. Buscan tamén achegar este vocabulario á comunidade educativa e contribuír á súa difusión dunha maneira lúdica, participativa e próxima.
Ademais dos xogos, o centro está introducindo as palabras recollidas nun repositorio virtual, dispoñible na web do ILG da USC.
O proxecto completarase tamén coa publicación dun dicionario en formato físico, grazas á colaboración da Deputación de Lugo.
Estes e outros datos foron achegados polo alumnado nunha recente entrevista en Radio Nacional.
Este traballo forma parte do programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, coordenado polo Instituto da Lingua Galega da USC en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, que integra o Plan Proxecta+.
A resolución da convocatoria actual de proxectos de innovación educativa pódese consultar tamén no Portal da Lingua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?