Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago móstranos nun curso como empregar as máis avanzadas tecnoloxías na xestión do patrimonio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago móstranos nun curso como empregar as máis avanzadas tecnoloxías na xestión do patrimonio

S. P.
Publicado: 28/05/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnoloxia_patrimonio_camara_santiago.jpgA Cámara de Comercio de Santiago achega este mes de xuño un programa avanzado centrado na Innovación e a Tecnoloxía na Xestión do Patrimonio. Desenvolverase entre o xoves 4 de xuño e o xoves 18 do mesmo mes, en horario de tarde: de 16.00 a 18.30 horas. O programa vai dirixido a traballadores, coordinadores, técnicos ou emprendedores do sector das industrias culturais e en concreto do patrimonio cultural, como sector específico da economía social.
O obxectivo do curso é capacitar aos profesionais do patrimonio na aplicación de tecnoloxías innovadoras. En materia de contidos, introducirase ás persoas participantes en dixitalización e conservación do patrimonio, en tecnoloxías 3D para museos e exposicións, na xestión de arquivos dixitais e Big Data no patrimonio, na realidade virtual e aumentada aplicada ao turismo cultural e nas estratexias de difusión dixital para museos e espazos patrimoniais.
O docente será o experto Luis Rico, licenciado en Comunicación e Informática Educativa con máis de 10 anos de experiencia en xestión, planificación e coordinación de proxectos. Doutorando en Industriais da Comunicación e Culturais pola Universidade Politécnica de Valencia (UPV) e mestrado en Economía social pola Universidade de Valencia (UV), tamén conta cun mestrado en Cooperación Internacional ao Desenvolvemento: Xestión e Dirección de Proxectos pola Universidade da Rioxa.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2025-2026 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Esta formación conta coa colaboración do Concello de Santiago en virtude de convenio de colaboración subscrito coa Cámara a través do programa municipal Feito en Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?