Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña xuntou no Pazo de Arenaza o talento emprendedor da provincia arredor da IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña xuntou no Pazo de Arenaza o talento emprendedor da provincia arredor da IA

S. P.
Publicado: 28/05/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_coruna_week_europe_startup_deputacion_da_coruna.jpgFinalmente máis de trinta persoas participaron onte na xornada da Startup Europe Week, organizada polo PEL (o Plan de Emprego Local da Depuación da Coruña) e a Rede Provincial de Espazos de Traballo con motivo do décimo aniversario desta iniciativa europea. Celebrouse no Pazo de Arenaza, en Oleiros. Asistiron persoas vinculadas ao emprendemento, á innovación tecnolóxica e á intelixencia artificial no marco dunha nova edición da Startup Europe Week, que este ano celebra o seu décimo aniversario como unha das iniciativas europeas de referencia para conectar talento, proxectos e ecosistemas emprendedores.
A xornada puxo o foco na intelixencia artificial e na transformación dixital como ferramentas clave para impulsar novos modelos de negocio, reforzar a competitividade das empresas e xerar oportunidades no territorio.
O encontro combinou relatorios especializados, presentacións de proxectos innovadores, espazos de diálogo entre emprendedores e un peche institucional a cargo da deputada de Industria, Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana García, que destacou o papel da Deputación como administración aliada dos emprendedores e as empresas que apostan pola innovación a través da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, sinalou Rosa Ana García.
A deputada subliñou ademais a importancia de contar con espazos como o Pazo de Arenaza para conectar proxectos, empresas, profesionais e talento novo. “Temos que ser capaces de crear oportunidades en todo o territorio, non só nas grandes cidades, e facer da provincia da Coruña un espazo atractivo para emprender e desenvolver proxectos con futuro”, afirmou.
A xornada foi presentada por Juan Diego Pereiro Areán e Carla Carballo Villar, que lles deron a benvida ás persoas asistentes e enmarcaron o encontro como un espazo para xerar conexións reais entre empresas, entidades, profesionais e talento novo do ecosistema emprendedor galego.
Un dos primeiros bloques estivo protagonizado por Jesús Lage, membro do Comité de Dirección e responsable de Emprendemento no Clúster TIC Galicia, que presentou o programa Tech Angels. Esta iniciativa conecta empresas emerxentes tecnolóxicas con perfís investidores e persoas expertas capaces de achegar financiamento, coñecemento sectorial, acompañamento e visión tecnolóxica.
A continuación, presentáronse distintos proxectos galegos que amosan a capacidade da tecnoloxía e da intelixencia artificial para transformar sectores moi diversos.
Global Eco Transfer, da man da súa co-fundadora Dayana Barrera Farías, expuxo unha proposta que une mobilidade, sostibilidade e servizo profesional. Aethenova IA, presentada polo seu co-fundador Gerardo García Yebra, amosou aplicacións da intelixencia artificial no ámbito financeiro e empresarial.
Tamén participou Qaroní, representada por Rocío Bardón, empresa galega especializada no desenvolvemento de software, solucións dixitais e integración de tecnoloxías como intelixencia artificial, datos e experiencia de usuario.
O bloque completouse con Igalia, compañía nacida na Coruña e recoñecida internacionalmente polo seu traballo en software libre, tecnoloxías web e proxectos de código aberto de alto impacto, coa intervención de Ana Rute Mendes e Xabier Rodríguez Calvar.
A sesión incluíu tamén a intervención de Manuel García García, mentor experto da CEC no programa Provincia Emprendedora, que abordou as claves para achegarse á inversión e explicou a importancia de saber comunicar o valor dun proxecto, facer visible a súa viabilidade e entender que buscan as persoas ou entidades que poden apostar por el.
O encontro rematou cun espazo de traballo en rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?