Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alén Space desenvolve as cargas útiles de comunicacións marítimas do compoñente español da Constelación Atlántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alén Space desenvolve as cargas útiles de comunicacións marítimas do compoñente español da Constelación Atlántica

S. P.
Publicado: 02/06/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

alen-space-comunicaciones-maritimas-1.jpgA firma galega Alén Space participa no desenvolvemento do compoñente español da Constelación Atlántica (ESCA), unha iniciativa estratéxica impulsada pola Axencia Espacial Española (AEE) e xestionada tecnicamente pola Axencia Espacial Europea (ESA). O proxecto anunciou recentemente que superou a revisión crítica de deseño (Critical Design Review, CDR), un fito clave que marca o inicio da fase de produción dos satélites e as súas cargas útiles.
En concreto, Alén Space responsabilizouse do deseño e fabricación das cargas útiles AIS (Automatic Identification System), destinadas ao despregamento de novas capacidades de monitoraxe e comunicacións marítimas desde o espazo.
O traballo da compañía galega inclúe o desenvolvemento do modelo de enxeñería (EM) e do primeiro modelo de voo (FM), así como a fabricación en serie de oito unidades de voo adicionais (unha de reposto), que serán integradas nos satélites da constelación.
Open Cosmos, como contratista principal, lidera o desenvolvemento do compoñente español da Constelación Atlántica, composto por oito pequenos satélites idénticos de aproximadamente 100 quilogramos. Estas plataformas integrarán distintas capacidades de observación e monitoraxe, incluíndo cargas útiles VNIR, AIS, IoT e GNSS-R.
En conxunto, a Constelación Atlántica estará composta por 16 satélites coordinados entre España e Portugal, concibidos para reforzar as capacidades europeas de observación da Terra e proporcionar datos con alta frecuencia de revisita sobre o territorio e a contorna marítima. Esta iniciativa complementará os sistemas xa operativos, como os satélites Sentinel do programa europeo Copernicus.
alen-space-comunicaciones-maritimas-2.jpgA contribución de Alén Space céntrase nas cargas útiles AIS, baseadas na súa solución TOTEM de radio definida por software (SDR), que inclúe o frontend específico para a recepción de sinais AIS en banda VHF e a implementación da aplicación necesaria para o funcionamento do sistema.
Entre os usos previstos desta tecnoloxía, destacan o seguimento global de frotas en océanos abertos e zonas remotas; o apoio a operacións de procura e rescate (SAR); a monitoraxe de mercadorías en tempo real; e a vixilancia marítima para o control da pesca ilegal e a detección de actividades ilícitas.
Ademais das capacidades AIS, “a constelación permitirá desenvolver servizos avanzados de observación da Terra orientados á xestión de emerxencias, a monitoraxe medioambiental e a protección do territorio, que inclúen aplicacións relacionadas con incendios forestais, inundacións ou erupcións volcánicas”, informou Alén Space.
Este proxecto está aliñado con desenvolvementos recentes de Alén Space, como a misión SATMAR, impulsada por Portos do Estado e destinada á validación en órbita de novas capacidades de comunicacións marítimas baseadas no estándar VDES (VHF Data Exchange System).
Con esta iniciativa, a compañía quere contribuír ao “fortalecemento das capacidades industriais españolas no ámbito espacial e á posta en órbita dunha infraestrutura estratéxica para a monitoraxe do territorio e da contorna marítima”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?