Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Consello da Cultura Galega pon na Rede Contra el filo del río, novela inédita de Ramón Otero Pedrayo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Consello da Cultura Galega pon na Rede Contra el filo del río, novela inédita de Ramón Otero Pedrayo

S. P.
Publicado: 26/06/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_2026_contra-el-filo-del-rio.jpgO Consello da Cultura Galega (CCG) puxo a disposición da cidadanía a edición dixital de Contra el filo del río, unha novela inédita de Ramón Otero Pedrayo escrita en 1945. A publicación contén unha presentación de Dolores Vilavedra, presidenta do CCG; un estudo introdutorio a cargo do profesor Xosé M. Salgado, un dos máximos especialistas na obra de Otero Pedrayo, e a reprodución facsimilar do manuscrito orixinal. A obra ponse na rede na véspera da entrega do Premio Trasalba 2026.
Para o CCG, a edición constitúe “un novo fito na recuperación do patrimonio literario galego e ofrece ao público unha obra descoñecida dun dos escritores fundamentais da cultura galega.” Na presentación da edición, a presidenta do CCG, Dolores Vilavedra, destaca “a vasta creatividade de Otero Pedrayo que atopou na creación a áncora da supervivencia” no tempo das “miserias materiais e intelectuais” que o autor sufriu nas décadas dos 40 e 50, ao tempo que achega pistas para repensar “o peso de determinados modelos literarios na nosa tradición”.
A edición conta cun estudo crítico que contextualiza a obra dentro da produción narrativa da década de 1940 e abre novas vías para a investigación. Corre a cargo do profesor Xosé M. Salgado, un dos grandes oteriófilos e oteriólogos, que sitúa a novela no contexto da posguerra. Otero Pedrayo, apartado da vida pública e sometido ao chamado “exilio interior”, atopou na escrita un espazo de resistencia intelectual.
Escrita en Trasalba, divida en nove capítulos e asinada co pseudónimo Santiago Amaral, Contra el filo del río é unha novela de tema fantástico que dialoga coa tradición europea de E. T. A. Hoffmann (no manuscrito pode lerse baixo o titulo Fantasía al estilo de Hoffmann) e con obras como El caballero de las botas azules, de Rosalía de Castro.
A historia segue a Santiago Cañizares, un estudante madrileño que emprende unha misteriosa viaxe ata Arcaya, unha cidade suspendida entre o tempo histórico, a memoria e a morte. Ao longo do percorrido, o protagonista entra nun universo no que as fronteiras entre o real e o fantástico desaparecen, nun espazo dominado pola néboa, polos dobres, polas aparicións e por personaxes que parecen habitar entre a vida e a morte.
A edición incorpora a reprodución do manuscrito autógrafo de 68 follas escritas en tinta negra por unha soa cara. A publicación enmárcase na liña de recuperación, edición e difusión do patrimonio bibliográfico e documental, facendo accesibles ao público textos inéditos de especial relevancia para a historia da literatura galega. Ao longo deste ano, o CCG tamén poñerá na Rede outras obras de Otero Pedrayo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?