Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro de coworking e incubación Accede Papagaio celebra os seus 10 anos de andaina
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro de coworking e incubación Accede Papagaio celebra os seus 10 anos de andaina

S. P.
Publicado: 03/07/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

coruna_papagaio_10_anos.jpgO Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio celebrou este xoves 2 de xullo o seu 10º aniversario. Na cita participou a alcaldesa Inés Rey, quen lembrou que o Accede Papagaio, xunto ao Centro de Agrela integra a rede municipal de apoio directo ao emprendemento e os proxectos empresariais na cidade, dando ferramentas e asistencia a decenas de pequenos negocios e a persoas que están desenvolvendo desde cero o seu proxecto.
Recordou tamén que o Accede Papagaio é un espazo de coworking e incubación empresarial do Concello da Coruña deseñado para potenciar proxectos emprendedores, con especial foco na innovación, as novas tecnoloxías e a transferencia de coñecemento.
“Os Centros Municipais de Empresa (CME) son un piar fundamental da estratexia do Concello para reforzar e acompañar ao tecido produtivo local. Desde O Papagaio e Agrela, ofrecemos á cidadanía un lugar no que establecerse na fase de inicio e consolidación dos seus proxectos. Este labor é clave, porque elimina barreiras de entrada ao mercado e supón un impulso ao emprendemento”, subliñou a alcaldesa, Inés Rey.
As actividades da xornada incluíron unha benvida institucional, varias charlas sobre distintas temáticas vinculadas ao emprendemento e un acto de peche e música en directo.
O Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio, activo desde 2016, deu cabida a preto de 70 iniciativas empresariais, converténdose nun espazo dinámico, flexible e adaptado a novas formas de traballo, onde o networking, a formación e a cooperación forman parte do día a día. Pola súa banda, O CME de Agrela, en funcionamento desde 2010, acolleu ao longo da súa traxectoria 48 empresas, das que o 70% seguen hoxe en activo. Actualmente, 12 empresas operan desde o Accede Papagaio, e outras 6 desde o centro de A Grela.
“O Goberno municipal puxo todo da súa parte para que os proxectos fundamentais dos Centros Municipais de Empresa teñan ao seu dispor tanto os recursos necesarios para levar a cabo a súa actividade como un marco xurídico que lles permita facelo con todas as garantías. Por iso, en 2025, modificamos a ordenanza que regula os CME, facilitando o acceso, axilizando os procesos e, sobre todo, ampliando as oportunidades para as empresas aloxadas”, engadiu Inés Rey. Ademais, a modificación da normativo permitiu tamén ampliar o tempo máximo de estadía das empresas a 9 anos.
As empresas beneficiarias dos Centros Municipais de Empresa poden desfrutar da cesión de espazos de traballo para proxectos emerxentes e usuarios puntuais, desde a fase de desenvolvemento da idea ata a consolidación no mercado, por un período de ata 9 anos, unha extensa programación de actividades e cursos de formación gratuítos no uso de ferramentas e formas de traballo que melloran competitividade nos mercados modernos (IA, Intelixencia de negocio, análise de datos…), instalacións amplas e equipadas, espazo de coworking, acceso gratuíto a Internet, sala de reunións, sala de descanso, material audiovisual e de reprografía e armarios persoais, entro outras prestacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?