Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adobe Premiere chega a Android
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Aplicacións

Adobe Premiere chega a Android

Marcus Fernández
Publicado: 22/09/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Adobe xa permite utilizar Premiere en Android tras lanzar a versión móbil do editor de vídeo para iPhone a finais de 2025. A aplicación pode descargarse gratuitamente desde Google Play e ofrece sen custo as principais ferramentas de edición, incluída a exportación ilimitada de vídeos en 4K, sen marcas de auga e adaptada ao formato de destino.

A versión para Android permite cortar, dividir, recortar e combinar clips, modificar a velocidade da imaxe e traballar cunha liña de tempo multipista para combinar vídeo, música, efectos de son e voces. Tamén incorpora ferramentas para mellorar o audio e reducir o ruído de fondo, ademais de texto, transicións, efectos e recursos de Adobe Stock.

Os usuarios poden recorrer a modelos para acelerar a creación de vídeos destinados a plataformas como YouTube e dispoñen tamén dun gravador de voz integrado. A aplicación está optimizada para diferentes formatos de dispositivos Android, incluídos os smartphones encartables.

As funcións de intelixencia artificial funcionan mediante créditos de IA xerativa, que se poden adquirir de maneira opcional. Entre elas están a creación de efectos de son e o acceso a recursos xerados con Adobe Firefly. Tamén existe a posibilidade de contratar almacenamento adicional na nube, sen que sexa necesario dispor dunha subscrición a Creative Cloud para utilizar as funcións básicas.

Adobe prepara novas funcións para a aplicación, entre elas Adobe Fonts para os textos, subtítulos mellorados, detección do ritmo musical, novas ferramentas de edición e a transferencia de proxectos entre a aplicación móbil e Premiere para escritorio, co obxectivo de continuar a edición sen interrupcións entre dispositivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Aplicacións

WhatsApp comeza a ofrecer copias de seguridade na súa propia nube

17/11/2026
Aplicacións

Instagram crea Direct, unha aplicación independente para mensaxería

17/11/2026
Aplicacións

Un desenvolvedor melidense crea unha aplicación que pendura capturas de pantalla nun tendal virtual

13/11/2026
Aplicacións

EduLeo facilita a mellora da comprensión lectora

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?