Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: OpenAI introducirá marcas de auga invisibles no texto xerado por ChatGPT na UE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Intelixencia artificial

OpenAI introducirá marcas de auga invisibles no texto xerado por ChatGPT na UE

Redacción
Publicado: 05/10/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

OpenAI anunciou unha nova estratexia para cumprir as esixencias da Lei de Intelixencia Artificial da Unión Europea en materia de procedencia dos contidos xerados por IA. Nas vindeiras semanas, ChatGPT e Codex comezarán a incorporar unha marca de auga estatística invisible aos textos xerados na UE, mentres que os clientes da API poderán activar voluntariamente esta función a partir de hoxe en determinados modelos.

A medida responde ao requisito da normativa europea de que o texto xerado por sistemas de IA sexa identificable mediante medios lexibles por máquinas. OpenAI salienta, con todo, que as tecnoloxías actuais de marca de auga e detección de texto aínda presentan limitacións importantes.

A tecnoloxía empregada recibe o nome de textGrain e introduce un sinal estatístico invisible a través da elección das palabras realizada polo modelo. Un detector pode analizar posteriormente un texto para determinar se contén ese sinal. OpenAI asegura que nas súas probas textGrain igualou ou superou o comportamento doutras solucións avaliadas, entre elas SynthID para texto, aínda que advirte de que os resultados obtidos en condicións controladas non garanten unha detección fiable en situacións reais.

A eficacia depende especialmente da extensión e do tipo de texto. Cunha taxa de falsos positivos fixada no 1 %, o detector identificou a marca en arredor do 80 % dos textos de 200 tokens e en aproximadamente o 95 % dos de 400 tokens en probas sobre cuestións de psicoloxía. En matemáticas, onde existe menos liberdade na elección das palabras, as taxas de detección foron considerablemente inferiores.

As modificacións do texto tamén poden debilitar o sinal. Nunha proba con textos de 400 tokens, substituír o 10 % das palabras por sinónimos reduciu a detección desde aproximadamente o 92 % ata o 66 %. Cunha modificación do 25 %, a taxa caeu ata o 17 %.

OpenAI afirma que a incorporación da marca de auga non produce diferenzas significativas no rendemento dos modelos. Nas probas realizadas con Astra, o seu modelo máis avanzado, os resultados con e sen watermarking mantivéronse próximos en diferentes avaliacións, incluíndo tarefas de programación, razoamento, investigación e navegación web.

A compañía de Sam Altman tamén quere deixar claro que a detección dunha marca de auga non permite determinar quen escribiu realmente un texto nin que papel tivo a IA no proceso. Un resultado positivo non mide a achega humana, non determina a propiedade ou responsabilidade sobre o contido e tampouco identifica o usuario, a conta, a petición ou a conversa que deu lugar ao texto.

Do mesmo xeito, a ausencia dunha marca de auga tampouco demostrará que un texto sexa de autoría humana. Un contido pode resultar indetectable por ser demasiado curto, por sufrir edicións ou traducións, por proceder dun modelo non compatible ou por ter sido xerado con ferramentas doutras empresas.

O acceso ao detector estará inicialmente restrinxido a investigadores e organizacións especializadas que soliciten participar no programa de avaliación. OpenAI optou por non facelo público de inmediato debido precisamente ao risco de falsos positivos e falsos negativos. O sistema indicará se detecta unha marca de auga de OpenAI, pero non revelará a identidade do usuario nin as súas peticións ou conversas.

A estratexia forma parte dun sistema máis amplo de procedencia de contidos que xa inclúe mecanismos específicos para imaxes e audio. OpenAI emprega Content Credentials nos resultados de imaxe compatibles, segue o estándar C2PA e incorpora marcas de auga invisibles SynthID en determinados contidos visuais e sonoros. Tamén ofrece ferramentas de verificación para estes formatos.

A diferenza respecto das imaxes e do audio está na maior facilidade coa que o texto pode ser reescrito, traducido ou editado sen deixar rastros evidentes. OpenAI prevé, polo tanto, continuar investigando como manter as marcas de auga fronte a estas modificacións e como diferenciar de forma máis precisa entre asistencia da IA e autoría da IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Intelixencia artificial

OpenAI propón a perplexidade como referencia común para medir o avance da IA

23/11/2026
Intelixencia artificial

A IA abre novas posibilidades para mellorar a comunicación das peixarías coa clientela

23/11/2026
ia_ai_intelixencia_artificial_creativa.jpg
Intelixencia artificial

A IA é a tecnoloxía avanzada que máis medrou nas empresas galegas en 2025

23/11/2026
Intelixencia artificial

ChatGPT incorpora un ditado en tempo real que transcribe a voz mentres o usuario fala

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?