Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novos ratos para xogar de Razer
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Novos ratos para xogar de Razer

Redacción
Publicado: 09/10/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Razer anunciou a nova familia de ratos Basilisk V4, encabezada polo Basilisk V4 Pro, un rato ergonómico para xogos que incorpora ata 14 controis personalizables, un sensor óptico de 50.000 DPI e conexión sen fíos cunha frecuencia de actualización de 8.000 Hz. O lanzamento chega acompañado da base de carga sen fíos Mouse Dock V2 Pro e dun modelo máis sinxelo, o Basilisk V4 HyperSpeed.

O Basilisk V4 Pro mantén o deseño ergonómico característico da familia, incluído o apoio para o polgar, pero introduce varios cambios na distribución dos controis. O gatillo multifunción sitúase agora nunha posición máis natural, ao que se engaden un terceiro botón lateral e un novo botón no bordo do botón principal esquerdo. A pesar destas incorporacións, o rato pesa 12 gramos menos que o seu predecesor.

A roda HyperScroll Tilt Wheel Gen-2 ofrece varios modos de desprazamento, desde un funcionamento táctil con 24 pasos ata outro máis preciso de 48 pasos. Tamén permite o desprazamento libre para percorrer grandes cantidades de contido con rapidez e pode alternar automaticamente entre os modos segundo a velocidade de xiro. A través do software Razer Synapse é posible configurar macros, perfís específicos para cada xogo e funcións secundarias para os botóns.

O sensor óptico Focus Pro 50K Gen-3 alcanza os 50.000 DPI, unha velocidade de seguimento de 930 polgadas por segundo e unha aceleración máxima de 90 G. A tecnoloxía Frame Sync coordina a lectura do sensor coa frecuencia de actualización do rato para reducir a latencia, mentres que o sistema Asymmetric Cut-Off permite axustar por separado as distancias de levantamento e contacto coa superficie. Os interruptores ópticos de cuarta xeración están preparados para soportar ata 100 millóns de pulsacións.

A conexión HyperSpeed Wireless Gen-2 admite unha frecuencia de actualización real de 8.000 Hz tanto no modo sen fíos como no cableado. O rato tamén incorpora Bluetooth 6.2, con capacidade para emparellarse con ata tres dispositivos, e permite alternar entre cinco opcións de conexión para facilitar o uso con diferentes equipos.

A iluminación Razer Chroma RGB distribúese en sete zonas, con iluminación inferior completa e opcións de personalización entre 16,8 millóns de cores. A autonomía alcanza as 200 horas mediante HyperSpeed Wireless Gen-2 a 1.000 Hz e as 275 horas por Bluetooth.

O Razer Basilisk V4 Pro chega xunto coa Mouse Dock V2 Pro, unha base de carga magnética que incorpora un transceptor de 8.000 Hz, iluminación Chroma RGB en oito zonas e un indicador do estado de carga. Tamén permite conectar ratos e teclados Razer compatibles mediante HyperSpeed Multi-Device, o que reduce o número de receptores necesarios no escritorio. O rato chega ao mercado o día 12 cun prezo que parte dos 179,99 euros (que se incrementaría en 40 euros coa base de carga magnética).

A familia complétase co Basilisk V4 HyperSpeed, unha versión sen fíos máis lixeira e simplificada. Pesa 94 gramos, dispón de 12 controis personalizables, incorpora o sensor óptico Focus X 33K Gen-3 e ofrece ata 140 horas de autonomía. Chega ao mercado o día 16 de outubro a un prezo que parte dos 119,99 euros.

Vídeo de presentación da nova familia de ratos

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?