Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Grand Theft Auto VI presenta seis emisoras de radio, con música latina, country, metal e hip-hop
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI presenta seis emisoras de radio, con música latina, country, metal e hip-hop

Redacción
Publicado: 09/10/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Rockstar Games ofrece un primeiro adianto da selección musical de Grand Theft Auto VI, que tamén incorporará pódcasts baixo demanda para escoitar nos vehículos ou a pé.

A radio volverá ser un dos elementos distintivos de Grand Theft Auto VI, con emisoras que abranguen xéneros como o rock clásico, a música latina, o country, os sons africanos contemporáneos, o metal e o hip-hop. Rockstar Games avanzou o 8 de outubro seis das emisoras que estarán dispoñibles no xogo, ambientado en Léonida.

A principal novidade é a incorporación de pódcasts baixo demanda, unha opción inédita na saga que permitirá a Jason e Lucía escoitar estes contidos máis alá das emisoras convencionais. Poderán facelo tanto nos vehículos como mentres camiñan, mediante uns novos auriculares conectados aos seus teléfonos intelixentes.

Cocoteo FM estará dedicada á música latina moderna, con bachata, merengue, dembow e reguetón. El Martillo e La Gata serán os encargados de conducir esta emisora, que aposta por unha selección musical pensada para manter a festa en marcha.

Back Country Radio levará o country máis rebelde ás ondas de Grassrivers, Port Gellhorn e outras zonas de Léonida. MW e Delta Dawne estarán á fronte da emisora, que tamén contará cos partes meteorolóxicos de Mud Dog Mike, un reporteiro que retransmite desde o seu hidrodeslizador en Grassrivers.

AfroBank FM ofrecerá música africana de distintas épocas e estilos, desde clásicos do século XX ata temas inéditos e sons actuais como o amapiano e o 3-Step. Burna e Palmsy presentarán a emisora, que tamén explorará ritmos como o gbdu.

Os afeccionados aos sons máis contundentes terán The Chamber 106.6, centrada no metal e nos seus himnos máis representativos ao longo das décadas. DJ Kerry e DJ Tom acompañarán os oíntes nun percorrido polas raíces do xénero en Léonida.

Flash FM recuperará a identidade musical de Vice City cunha selección de pop presentada por Robyn e Alex. A emisora estará presente en todo o Goodtime State, mantendo a súa orientación cara á música máis comercial e bailable.

Dirty South Classics pecha esta primeira selección cunha mestura de rap sureño e clásicos do hip-hop. Trick e Trina conducirán o espazo, que pretende representar a identidade musical do sur estadounidense, desde as praias ata os barrios urbanos de Léonida.

Rockstar Games permite escoitar adiantos das seis emisoras na sección musical do sitio oficial de Grand Theft Auto VI. A compañía tamén anticipa novas informacións sobre a música orixinal dinámica do xogo e sobre os próximos sinxelos de Grand Theft Auto VI: The Album.

O álbum incluirá 34 temas orixinais interpretados por unha selección de artistas. Xa se pode pre-gardar nas plataformas dixitais e reservar en formatos físicos, tanto en vinilo como en CD.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?